Skip to Content

Outras actividades

VAIA RITMO!

Percusión e humor no Auditorio

No auditorio

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de EP desfrutou dunha clase de música diferente. Tres percusionistas, magos e humoristas presentáronnos diferentes instrumentos de percusión a través dunha historia que promove a autoestima, o afán de superación e o traballo en equipo. Unha obra chea de ritmo, humor e sorpresas.

vaiaritmo!

Moi ben Martín, tes futuro como percusionista!

Vaia ritmo!, de  Odaiko Percusión Group é unha proposta ofertada por Afundación abanca.

AGORA QUE SE ACHEGA O #25N

O día 25 de Novembro celébramos o día contra a violencia de xénero.

Compartimos algunhas actividades que fixemos.

Educación Plástica e Visual- Mural colaborativo co alumnado de 6º EP

cartel 25N

Música e E. Física Erre zenituzten-Danza. Homenaxe a todas as persoas adiantadas á súa época que sufriron a persecución, a violencia e a discriminación. 

danza 25N

Aula de música: Titorial para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

Charlas e presentacións a cargo do equipo de benestar e convivencia. Enlace

CROS

O pasado martes e mércores varias nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron na Fase Previa Comarcal Escolar de Cros no Complexo Deportivo de Monterrei.

Foron moitos as e os participantes doutros centros educativos: A Inmaculada, Luis Vives, Manuel Sueiro, Santo Ángel, Eiroás, Mestre Vide, Prácticas... 

Unha xornada de convivencia onde puideron practicar unha modalidade deportiva moi esixente, e na que o noso alumnado representou ó CEIP Vistahermosa dunha maneira espectacular. 

Foron cinco corredoras e corredores os que participaron na Fase Final Comarcal do sábado, onde claramente dominaron os clubes da cidade, pero na que tres dos nosos campións e campionas se clasificaron para o Provincial, que terá lugar o 16 de decembro en Ribadavia.

Noraboa a todas e a todos os participantes.

Velaquí unha mostra do acontecido.

 

 

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

ESTÁ PRETO O SAMAÍN

Pouco a pouco xa se aproxima o SAMAÍN e o noso cole estase preparando para a celebración...pronto pediremos a vosa axuda para seguir ambientando todo o centro...

    

XORNADA DE XADREZ

O martes 3 de outubro todo o alumnado de primaria desfrutou dunha xornada de iniciación ao xadrez. Explicacións, xogo, dinámicas.. unha actividade moi completa e entretida.

Agradecer ao Club Xadrez Lethes esta visita.

  

GRADUACIÓNS

E por aquí un recordo para as nosas graduadas e graduados

 

Podedes ver as fotos accedendo á GALERÍA

Visita da Policía

Hoxe visitou o cole unha patrulla da Policía Nacional co seu furgón.

O alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º puido charlar con eles, subir ao furgón, facer soar a serea,  poñer a gorra, manipular a porra, etc. 

Unha mañá moi entretida.

Premede na imaxe para ver máis

Saída Casa do Patrón 3º

O venres as nenas e nenos de desplazáronse ata A Casa do Patrón, onde realizaron diferentes obradoiros (cestería, reciclado de papel...) , visitaron o Museo Etnográfico e disfrutaron dun entorno natural.

Se queredes ver máis premede na seguinte imaxe.

Exposición hórreos

Nestes días as nenas e nenos están recibindo unha charla e vendo unha exposición sobre hórreos e tipos de cereais ubicada na biblioteca do cole.

Actividade dinamizada por Arturo, agradecerlle toda a súa implicación.

Premede na imaxe para ver máis.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut