Skip to Content

Outras actividades

Saída Casa do Patrón 3º

O venres as nenas e nenos de desplazáronse ata A Casa do Patrón, onde realizaron diferentes obradoiros (cestería, reciclado de papel...) , visitaron o Museo Etnográfico e disfrutaron dun entorno natural.

Se queredes ver máis premede na seguinte imaxe.

Exposición hórreos

Nestes días as nenas e nenos están recibindo unha charla e vendo unha exposición sobre hórreos e tipos de cereais ubicada na biblioteca do cole.

Actividade dinamizada por Arturo, agradecerlle toda a súa implicación.

Premede na imaxe para ver máis.

 

 

"Garavanciño come saniño"

O xoves 4 e 11 de maio tocoulles ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

PONTE NO MEU LUGAR

Onte, as alumnas e alumnos de 5º e 6º recibiron a visita de voluntarias de Cogami, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, que traballa pola inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

Baixo o lema "Ponte no meu lugar" reivindican a normalización e a inclusión das persoas con discapacidade no ámbito escolar, o cumprimento efectivo da normativa de accesibilidade e que os dereitos das persoas sexan unha realidade.

Unha actividade moi interesante na que as nenas e nenos aprenderon e participaron de forma activa, experimentando os desprazamentos en cadeira de rodas, tapando os ollos, etc.

 

"Comendo cores"

O xoves e venres as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Comendo cores".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

ENTROIDO 2023

Semana chea de baile, creatividade e diversión.

Velaquí un pequeno resumo.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

 

 O sábado fómonos de Campionato Provincial ao Aguillón, no concello da Rúa.

 

Enzo e Saúl foron os nosos participantes, que despois de pasar todas as fases previas e final comarcal, clasificáronse para competir cas mellores marcas da provincia de Ourense.

 

Unha xornada estupenda na que os nosos rapaces defenderon ao colexio o máximo, deixando claro que estas actividades débense seguir organizando nos vindeiros anos.

 

 

Moitas grazas campións!! A vós e ás vosas familias!!

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Onte as nenas e nenos de Primaria participaron na actividade "Plantando árbores con pinceis". Trátase dun proxecto escolar pola sostenbilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización de un Mural Artístico, colaborativo e ecolóxico con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente. Unha iniciativa que ten como obxectivo transmittir a mensaxe positiva sobre o coidado do entorno.

Previamente o alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou as súas propostas para pintar o muro seguindo a temática. A partir desas ideas o artista fixo o seu boceto que plasmou na parede do patio ca axuda das nenas e nenos.

Por outra banda o alumnado de 1º,2º e 3º tamén reflectiu a súa idea en bolsas de tea reutilizables que levaron para casa.

 Actividade de Afundación

 

DÍA DA PAZ 2023

Hoxe foi unha xornada chea de mensaxes de paz, pero as nosas nenas e nenos xa levan días preparando todo o necesario para esta conmemoración.

Unha morea de actividades coordinadas dende as diferentes áreas, etapas e a Biblioteca:

- Educación Infantil traballou e disfrutou co conto e canción de "A mellor sopa do mundo".

- As nenas e nenos de 1º fixeron as súas rimas con "A paz sábenos...", seguindo o conto "Ring Ring, ¿quién rima?"

http://asombradoerbedo.blogspot.com/2023/01/receitas-de-paz.html?m=1

- Contacontos de Anxo Moure para Educación Infantil, 1º,2º,3º e 4º.

- Elaboración e decoración de paraugas con cintas cheas de mensaxes de paz.

- Preparación de diferentes bailes: "Terra", "Que sorte de terte", "Madre Tierra", "Eu teño alguén"...

Final Comarcal Campo a Través

Onte desenvolveuse a Final Comarcal de Campo a Través no Complexo Deportivo de Monterrei.

Para esta cita o CEIP Vistahermosa contaba con catro clasificados, dos que, finalmente, só puideron aistir dous.

Enzo e Saúl (3º Primaria) foron os nosos representantes que participaron na categoría benxamín masculino. E non o puideron facer mellor. Nunha competición na que asisten os mellores da comarca (a maioría pertencentes a clubes que adestran esta modalidade semanalmente) os nosos campións fixeron unha estupenda carreira, entrando na meta nos postos 10 e 13 e clasificándose para o Campionato Provincial, que se desenvolverá o día 11 de febreiro na Rúa.

Noraboa rapaces!! e moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut