Skip to Content

Outras actividades

Que ninguén che corte as ás

Actividades escornabóticas para derribar roles e estereotipos. 

* Nivel Infantil e Primaria

Tras ver o vídeo de “O libro dos porcos” propóñenselle varios xogos a partir do taboleiro: identificar situacións que aparecen no conto, ordenar a historia, realizar diferentes itinerarios polo taboleiro.  

* Nivel Primaria

Necesitades un escornabot, un dado, e tantas fichas como xogadores/equipos xoguen.
contos igualdade

 

Antes de xogar: Ler a selección de contos  con temática inclusiva e de igualdade propostos. Pídeselle ao alumnado que escriba unha pequena reseña sobre cada un. 

 

Como se xoga? Repártense as tarxetas das reseñas e cada xogador/a terá que identificar o libro e levar o escornabot a cela correspondente

 * Nivel 4º, 5º e 6º de Primaria

A OCA DA IGUALDADE 

Este taboleiro xógase ao estilo xogo da oca. As respostas son abertas, as  opinións contan, agás na cela 5 que só ten unha resposta correcta. Se non acertades, retrocederedes ao principio. Para gañar teredes que caer na cela 11 e responder a pregunta quen é Malala? Se non o sabedes volveredes á saída.

Instrucións

oca da igualdade

Blog da biblio: A sombra do érbedo. 

Grandísima participación, coma sempre, na XLIII Carreira Popular San Martiño.

Ambiente estupendo: deportividade, compañerismo, convivencia.... Incluso a climatoloxía acompañou durante a categoría "CATIVOS"

Noraboa a todas e todos as/os participantes, pero en especial ás nosas nenas e nenos!!

Xa está aquí a mellor festa do ano, O MAGOSTO. Compartir,  Xogar, comer castañas e bailar.

Galería de fotos

O Samaín é unha festividade de orixe Celta que significa fin do verán. Celebrábase na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, para conmemorar o fin da tempada de colleitas e a chegada do inverno.  Os Celtas crían que nesta noite os seus ancestros podían visitar aos parentes vivos e por iso colocaban candeas dentro de caveiras para indicarlles o camiño. Na actualidade, mantemos a tradición de baleirar cabazas, decoralas e acender candeas no seu interior para iluminar as noites de transición entre o verán e o escuro inverno.

Así celebramos nós o Samaín, a festa máis tenebrosa:

-Con exposición de cabazas con mensaxes arrepiantes.

-Entrega de agasallos aos premiados no III Concurso de relatos curtos de medo.

Relato curto de medo

-Enchendo as aulas con personaxes terroríficos.

Celebrando o Samaín no CEIP Vistahermosa by Slidely Photo Gallery

Ao longo de todo o curso trataremos de achegarlle aos rapaces e as rapazas nocións básicas sobre diferentes modalidades deportivas.

Para elo servirémonos da área de Educación Física, así como da visita (sempre que sexa posible) de profesionais especializados neses deportes.

No mes de setembro 3º e 4º xa recibiu a visita dun adestrador de hockey.

Neste mes de outubro todos os cursos recibiron unha sinxela iniciación cara o balonmán. Agradecemos á escola de balonmán Vistahermosa a súa implicación.

 

Obradoiro de primeiros auxilios dirixido aos alumnos e ás alumnas de 3º e 4º de Primaria.

Verónica Civeira, xunto co seu equipo, axudáronnos a saber reaccionar ante pequenos accidentes, perdas de coñecemento e paradas cardíacas.

Do mesmo xeito tamén nos explicaron de forma sinxela os diferentes aspectos que debemos ter en conta para procurar ter unha vida o máis saudable posible.

 

 

 

 

Manifestación contra o Cambio Climático

#27S Mobilización de toda a escola polo Clima: Parón no recreo cos cartaces.

Con estas mensaxes o alumnado manifesta a súa preocupación pola saúde do planeta e reclama cambios para que a situación mellore: "Di NON ao plástico dun só uso", "Sen árbores non hai vida",  "Agora tócache a ti. CÓIDAA!, "Non malgastes auga", "Salvemos o planeta antes de que sexa tarde" ...

mobilización clima

Tamén en http://asombradoerbedo.blogspot.com/

PETICIÓN DE SOCORRO AOS HABITANTES DA TERRA

As rapazas e rapaces de 6º lennos esta carta, enviada pola Terra, pedindo a nosa axuda para recuperar a saúde.

Carta da Terra: Petición SOS 

#27S Mobilizacións polo Clima

# 23 ao 27S

Mobilizacións polo clima: Pola defensa dun planeta vivo e dun mundo xusto. O martes 24 de setembro vestiremos con algunha prenda de cor VERDE.

Durante a semana do 23 ao 27 de setembro levaremos a cabo unha mobilización polo Clima. 

"A mocidade polo clima espertou, e chama ás nosas portas para que nos unamos a este movemento imparable que vai cambiar a historia"
Só xuntos poderemos dar solución á actual e dramática crise climática. 
Accións previstas 
Horas de ler da semana: Libros de temática ambiental, sostible, ... lectura imprescindible para entender o mundo no que vivimos.

LUNS 23/09 – “UN MINUTO DE SILENCIO POLA TERRA”

MARTES 24/09“VESTIR CON ALGUNHA PRENDA DE COR VERDE” A cor verde representa a cor da esperanza para poder afrontar o futuro e conseguir que a situación cambie.

MÉRCORES 25/09 – “VIDEO-FORUM":

E.Infantil: cadernoverde.gal

OxfamIntermón: Sete impactantes vídeos sobre medio ambiente

Antes Que Sexa Tarde (Before The Flood) | Documental

COWspiracy o segredo da sostibilidade

Greenpeace.org: Así foi a loita polo medio ambiente no 2018

Para ler: https://es.greenpeace.org/es/noticias/asi-ha-sido-la-lucha-por-el-medio-ambiente-en-2018/

XOVES 26/09 – “CARTACES POLO CLIMA” Imos plasmar as nosas propostas para coidar o Planeta. Reusade cartóns reciclados para reducir o consumo de papel.

VENRES 27/09 -  “PARÓN NO RECREO COS CARTACES” cos que amosaremos a nosa preocupación polo Planeta e cantaremos a canción: Canta polo clima en Inglés e en galego

Música - CD Operación can (Tedes o cd na aula de música)  proxecto musical da UPAFGA para concienciar da necesidade de coidar o entorno e o medio ambiente. 

E o 27 de setembro podes sumarte  á mobilización participando na Manifestación Mundial polo clima. En Ourenes, será na Praza Maior ás 20.00 h.

 http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/2019/09/20/folga-mundial-polo-clima-27s/

Plataformas convocantes: Movemento galego polo Clima, Mestras polo futuro, Amigos da terra, Fridays for future, Greenpeace...

Distribuir contido


by Dr. Radut