Este proxecto parte da biblioteca escolar co obxectivo de achegarlle aos rapaces a cultura xaponesa.
Cada pobo, cada cultura ten as súas tradicións e manifestacións literarias. Algunhas son comúns a todos os pobos do mundo, como os contos, as lendas, os arrolos,...; outras son propias dun lugar concreto.
Un haiku é un poema breve de orixe xaponesa que emprega unha linguaxe sensorial e trata de evocar no lector, unha imaxe ou un sentimento.
Métrica: ten tres versos sen rima de 5, 7, 5 sílabas.
A temática: a natureza, un momento especial, as estacións, unha experiencia marabillosa...
Fontes consultadas:
http://asombradoerbedo.blogspot.com.es/2017/12/viaxamos-xapon.html
Lingua 6. Ed Anaya Dixital