Skip to Content

Ciencias da Natureza

Base contraincendios de Toén

Visita á base de helicópteros 

Bo día familias, déixovos por aquí un pequeno resumo dos bos momentos que vivimos na saída do venres.

Vistahermosa visita a Base Helicópteros

 Un día xenial

Podedes descargar a presentación no ficheiro adxunto

#8M GAITEIRAS LAPBOOK

Día Internacional da Muller

O alumnado de 6º de EP investigou e desfrutou da música das gaiteiras Cristina Pato e Susana Seivane. Este Lapbook é unha homenaxe a estas mulleres influíntes na área musical e interpretativa.

Con este libro interactivo desenvolven distintas habilidades STEAM,  rompendo cos estereotipos de xénero e potenciando un achegamento ao ámbito científico-tecnolóxico soldando e cableando circuítos eléctricos dun xeito creativo e estético.

lapbookgaiteiras

- 8m lapbook gaiteiras de salial

FLUÍDOS NON NEWTONIANOS

#11F Día da Muller e a nena na ciencia

A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano que pode variar a súa viscosidade en función
da velocidade coa que a ra retrae a lingua.
As areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... son algúns exemplos de
líquidos non newtonianos que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da
presión que lle apliquemos.
OBRADOIRO de Física Divertida: Viscosidade de Fluídos

Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC  nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos os  vídeos compartidos pola USC e realizamos varios obradoiros. 

11 F día Nena na Ciencia de salial

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

Laboratorio: Os elementos dun circuíto

A corrente eléctrica circula nos nosos fogares a través de circuítos eléctricos que a distribúen por todas as habitacións. Estes circuítos eléctricos permiten que se ilumine a lámpada cando acendemos un interruptor ou que se poña en marcha un electrodoméstico ao enchufalo á rede.

EXPERIMENTO para identificar os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. 

circuíto eléctrico de salial

O PODER DA LUZ

Novembro Mes da Ciencia nas Bibliotecas

 O alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 10 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:

O poder da Luz. Misión Alba de salial

A SEDA E OS SEDEIROS DE GALICIA

Clase de historia e ciencias - A seda, orixe, historia e fabricación. 

Pepe Vieito achegouse ao cole a falarnos da seda. Comezou cun breve percorrido pola historia da seda, a ruta da seda, a chegada da seda á península, do gremio da sedaría en Monforte, do ciclo vital dos vermes e da fibra que se obtén.

Contounos que a industria da seda foi introducida en Galicia, polos monxes beneditinos na Ribeira Sacra no s. XIV e que os condes de Lemos impulsaron esta arte de luxo. 

Dos vermes de seda tamén aprendemos moitas cousas, a súa vida curiosa e breve, a súa fame voraz e selectiva (só follas de moreira), a obtención da seda... 

Algo  que nos sorprendeu a todas/os foi saber que os vermes xa non son quen de sobrevivir en liberdade, ao levar tantos séculos sendo alimentados e coidados, esqueceron o seu instinto de supervivencia.

Seda e sedeiros de Galicia

Para saber máis lede este artigo de Pepe publicado na Revista Raigame núm XVIII "O cultivo da seda en Galicia"

 

"Garavanciño come saniño"

O xoves 4 e 11 de maio tocoulles ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

PREPARANDO O HORTO

Antes de marchar de vacacións as rapazas e rapaces do cole estiveron poñendo a punto o noso pequeno horto. Á volta comezaremos a plantar nos aros libres.

Recordamos que as clases reanudaranse o MARTES DÍA 11 DE ABRIL.

Distribuir contido


by Dr. Radut