Skip to Content

Ciencias da Natureza

A Terra tamén quere Paz

Botellas cheas de amor ao planeta

Na celebración do Dia da Paz, tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

botellas cheas de amor

botella

Enchemos as botellas con plásticos (sobretodo dos envoltorios das  merendas) para diminuír o volume de residuos que xeramos no cole. Estas botellas convertiranse en materia prima coas que se producirán novos produtos.

Esta proposta ambiental pretende formentar bos hábitos entre os máis cativos e visualizar un dos principais problemas medioambientais do noso tempo.

Para ler máis: Á SOMBRA DO ÉRBEDO - Blog da biblioteca

 

CIENCIA QUE CONTA

Imos impulsar a celebración do Mes da Ciencia compartindo vídeos de ciencia en galego. 

mes ciencia galego

Explica algunha curiosidade científica, un fenómeno natural, o porqué dalgunha cousa, un experimento sinxelo, seres vivos/inertes, coidado do medio....

Exprésate con corrección, podes empregar material que teñas a man.

Facendo click no seguinte enlace podes gravar directamente na aplicación. Ollo! Necesitas acceder cunha conta de correo electrónico e nos portátiles Abalar tarda en cargar, non desesperes.

1- Flipgrid - CIENCIA QUE CONTA

2- Engade a túa resposta

      

3- Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: aac1e3ca

Materiais en galego Mes da Ciencia

O home de Vitruvio, é un dos debuxos máis famosos do mundo. Debuxouno Leonardo Da Vinci arredor de 1490 e representa ao ser humano como modelo e centro do universo. Leonardo baseouse no estudo das proporcións humanas feitas por Vitruvio, un escritor, enxeñeiro e arquitecto romano que que viviu no s. I a.C

Nós,  estudamos as funcións vitais do ser humano versionando o debuxo de Leonardo da Vinci.

Anatomía do sistema circulatorio 

Actividade completa na Aula Virtual

Con esta actividade as rapazas e rapaces de 6º observarán

  • Os órganos do aparato respiratorio: tráquea, bronquios, bronquíolos, lóbulos dos pulmóns.
  • A anatomía externa e interna do corazón (cavidades, grosor das paredes) e vasos sanguíneos.

disección de pulmóns e corazón

Desenvolvemento da actividade na Aula Virtual: Disección de pulmóns e do corazón

 

Con esta experiencia coñeceremos mellor a anatomía externa e interna dun peixe. Neste caso dunha lubina.
Actividade publicada na Aula Virtual:
 

Obradoiro de ciencias con experimentos fáciles e divertidos na clase de 6º de EP.

Buscamos as respostas na ciencia con estes experimentos sinxelos que deronn respostas á: 

mes de novembro, mes da ciencia

1. Alessandro Volta, creou a primeira pila

Como se xenera a electricidade?

2. A tensións superficial da auga

Cantas gotas de auga caben nunha moeda?

3. A  Presión atmosférica

Por que non cae a auga?

4. A densidade non só depende do peso

Hai que pesar pouco para flotar?

 5. A solubilidade da auga segundo a súa temperatura

Corre, corre que te queimas!

7. Fluído non newtoniano

Sólido ou líquido? 

9. O volume dos gases

Canto espazo ocupa o osíxeno dun vaso?

   

6. O Xabón rompe a tensión superficial

Como limpa o xabón?

8. Electricidade estática

Que gañan e que perden?

10.Lámpada de lava

Burbullas de cores con moita marcha

  

Libro guía: "Experimentos. Os segredos da auga" Ed. SM

CIENCIA E SAÚDE

mes da cienciaÉ importante ter uns coñecementos básicos en primeiros auxilios para actuar con rapidez e con eficacia para poder salvar unha vida.


O alumnado de 4º curso pon en práctica diferentes protocolos de actuación para axudar a un accidentado/a nas situacións de emerxencia máis habituais.

Experimentos de ciencias en 3º curso

-Identificamos as características dos seres vivos mediante a observación directa utilizando distintas claves de clasificación.

-Plantamos distintas sementes, con situacións ambientais diferentes, con luz e auga en algodóns ou envoltas sen en papel húmido dentro dun paquetiño de papel albal. Todas as sementes xerminaron e fixemos unha plantación na clase.

-O ciclo da auga. Puidemos observar o camiño da auga nunha botella e sacamos conclusións moi interesantes da auga evaporada e despois condensada que cae en forma de gotiñas na terra e rega a planta.

#TempoDeActuar COP25

CEIP Vistahermosa, Decembro de 2019

Estes son os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.

-Regala agasallos que non sexan destrutivos para o planeta: Invitacións para ir ao cine, a dar un paseo ou a coñecer o teu pobo; un vale por un abrazo, para unha clase de algo ou unha tarde de amig@s. 

-Compra produtos locais: artesanía creativa, cousas feitas con amor. Se o fas ti mesma/o, terá máis valor. En envoltorios ecolóxicos, sen bolsas!  

Propoñer ás/aos dirixentes do concello as seguintes accións para encarar a emerxencia climática que con leva a degradación ambiental, a perda de Biodiversidade, maiores desigualdades: pobreza enerxética, fame, escaseza de auga... Na nosa cidade poderíase:

- Restrinxir a circulación de automóbiles na cidade, creando zonas de aparcamentos ás entradas e contando con boa comunicación de transportes públicos.

- Aproveitar a enerxía xeotérmica das augas termais para o uso de calefacción das escolas da zona, entre as que nos atoparíamos nós.

- Manter limpos os montes, aproveitando os residuos forestais como combustible,  biomasa, para a calefacción de moitos fogares. Os beneficios ambientais e sociais serían moitos: reduciríase a contaminación por transporte de combustible, evitaríanse incendios e crearíase emprego.

- Por máquinas que recollan envases a cambio de diñeiro.

- Re utilizar as augas grises que proveñen dos fogares e da chuvia para limpar as rúas, regar e incluso para reusar directamente nos váteres.

- Repoboar os bosques queimados con especies autóctonas coma o carballo, a sobreira e o castiñeiro, protexéndoos de especies invasoras que os danan.

- Promover a colocación de paneis solares nas vivendas.

Acordamos remitir unha carta ao alcalde coas nosas propostas para lograr unha cidade máis ecolóxica e sostible. CARTA AO ALCALDE

Temos a clase de 6º motivada co proxecto dos animais. Cando atopan un animaliño, preguntan se o poden traer e presentalo na clase. Como requisito pídeselle que elaboren unha ficha científica do animal e que a presenten na clase. 

carricanta

Hoxe vimos unha chicharra de preto. Laura, trouxo á clase unha carricanta, cantariña, chicharra, cigarra, catarresa...

mes da ciencia en galegoAxudouse dunha ficha que traía elaborada no Google docs, Ficha descritiva da Chicharra, para facela presenación. Mentres, As compañeiras/os ían observando o insecto, tomaban nota e facían debuxos. 

Trala presentación observámola cunha lupa binocular.

Creo recordar un dito popular que se lle dicía a chicharra mentres cantaba nos calorosos días de verán: "catarresa pon a mesa, que está o pan na artesa"

Distribuir contido


by Dr. Radut