Skip to Content

Ciencias da Natureza

OBSERVACIÓN DA CÉLULA E DE SERES UNICELULARES:

Obxectivos:

- Recoñecer as partes mecánicas e ópticas que compoñen un microscopio.

- Aprender os coidados que se deben ter ao traballar no laboratorio.

- Observar células vexetais e animais

- Aprender a facer as preparacións ou tomar mostras

Guión das prácticas.

No colexio de Vistahermosa aprenden ciencias con aves criadas polos propios alumnos/as

La Voz de Galicia

A Voz de Galicia. EDITH FILGUEIRA 

OURENSE / A VOZ 28/04/2018

Coñecer o mundo rural cos cinco sentidos é a meta que se puxeron no colexio de Vistahermosa. En zona urbana, aínda que colindando con áreas periurbanas nas que a vexetación é máis abundante, enmárcase este centro no que os alumnos están estudando o proceso de reprodución dos animais ovíparos coidando eles mesmos, coa axuda de profesores e unha incubadora, ovos de aves de distintas especies. Ler máis

COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DUNHA DEPURADORA DE AUGA

 Experimentos de física e química

A auga chega ás depuradoras coma unha mestura heteroxénea que contén distintos compoñentes. O proceso que imos a seguir será decantar, dobre filtrado e tratamento químico. Pica na foto para ver un vídeo resumo

Actividade completa na AV Curso: Primeiros experimentos de física e química

CHARLA DE 1º AUXILIOS

Promovida pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.

Mans que dan vida.Temos o deber e a obrigación de socorrer sempre. 

Con esta actividade aprendemos algunhas actuacións e técnicas que permiten atender a un accidentado/a ata que chegue a asistencia médica, tratando sempre de non empeorar as lesións que xa teña. 

1º SEMPRE Manter a calma.

2ª Como actuamos? Segue o P.A.S. (Protexe, Alerta e Socorre) Teléfonos de emerxencia: o 112 e o 061.

3º Ver se ten pulso e respira, V.E.S ou M.E.S (mira, escoita sente), falarlle para ver se está consciente. 

4º Se ten  pulso, colocalo na postura de seguridade.

5º Se non ten pulso practicar unha RCP.

Vimos tamén protocolos básicos de actuación en caso de atragoamento (manobra de heimlich), queimaduras ou electrocucións.

lección vital

Tamén temos un Curso na Aula Virtual do CEIP Vistahermosa: Primeiros Auxilios unha lección vital.

Aquí vos deixo algúns exemplos das presentacións de primeiros auxilios de alumnas de 6º EP 

  • Presentación de Yanira R.

PROXECTOS que estamos a desenvolver na Aula virtual da páxina web do centro

aula virtual

metodo científico

Experiencias de Laboratorio 5º

 

Laboratorio de ciencias 6º

Formación básica en 1º Auxilios

bolechas 061

 

Obradoiro de robótica e programación

mbot

Accede como convidado/a 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut