Esquema de temas

  • Que é un robot para ti?

    CURSO DE INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EN EDUCACIÓN PRIMARIA

     
    QUE É UN ROBOT PARA TI?
    TAREFA: 
     
    Deseña un robot empregando o programa tuxpaint. Explica que habilidades ten.
     

     mBot

    eliza robot robot 2

    robot 1

    robot 3

    liszbeth robot
    héctor robot Sahiris robot Anxo robot
  • Montaxe do mBot

    ENSAMBLAXE DO ROBOT
     
  • Ti tamén podes ser maker

    ÁNIMO TI TAMÉN PODES SER MAKER!

  • Espazo maker

    SOMOS MAKERS

    makers1

    Agora tócavos a vós:

    1º Comeza desembalando as pezas e identificamos os elementos que o compoñen:

    Unha placa base chamada MCore, que é o cerebro do robot.  con conectores, portos, leds, sensores, un zumbador, interruptor, etc, 

    Un chasis

    2 Motores

    2 Rodas con cadanseus zapatiños 

    1 Mini roda auxiliar

    Un sensor segueliñas e un de ultrasóns

    1 Módulo Bluetooth

    1 Batería de litio e caixa porta baterías Cables, Parafusos, porcas e desaparafusador

    2º Monta os motores, para iso precisas 4 parafusos longos e as porcas.

    Mentres, ponlle os zapatiños ás rodas.

    Cando estean os motores aparafusados, coloca as rodas con parafusos autoperforantes M2x9

    3º Xira o chasis e na parte frontal coloca o sensor seguidor de liña e a mini roda auxiliar centrado nos buratos do medio. Emprega 2 parafusos M4X8, cambia o desaparafusador ao modo Allen.

    makers 2

    4º De seguido aparafusa o sensor de ultrasón na parte dianteira con 2 parafusos de cabeza allen m4x8

    5º Coloca os cables nos conectores e saca os cables polo oco do chasis á espera de montar a placa.

    6º Collea MCore, ábrea e coloca con moito coidadiño o módulo Bluetooth. Ollo ao encaixar os pins! Volve a encaixar a cuberta.

    7º Agora introduce a batería de litio no soporte, sacando o cable pola fendedura lateral da caixiña e volve a pechala.

    8º Encáixaa na parte inferior da placa.

    9º Aparafusa a MCore ao chasis, cos 4 parafusos M4x8.

    10º E por último conecta os cables e xa estaría montado o robot:

    Conectar motores e batería.
    Conectar o sensor de Ultrasóns ao porto 3
    Conectar o segueliñas no porto 2
    Conectar a matriz LEDs no porto 1
  • A programar con Scratch

    PROGRAMAR PARA APRENDER SEN LÍMITES

    wikipediaScratch é unha linguaxe de programación, unha forma de comunicarte co ordenador, creando animacións e xogos.

    Scratch pretende ser un recurso educativo que esperte a curiodosidade, fomente a creatividade e permita aos rapaces expresarse, descubrindo e aprendendo cousas novas á vez que desenvolven a lóxica computacional. Busca tamén a aprendizaxe a través da reflexión e a discusión con outros/as. 

    O seu nome vén de mestura, o que hai que facer é combinar bloques. Os programas poden ser moi sinxelos ou máis complexos e poden permitir interactuar ou ser simplemente presentacións animadas, vídeos, etc.

    Podes descargalo e instalalo no teu ordenador ou  executalo dende  o navegador. Deberás rexistrarte e xa podes crear e gardar os teus proxectos na nube.

    Teclea no buscador -> scratch.mit.edu

    Comezaremos facendo sinxelos proxectos, aquí vos deixo algúns para que comecedes a programar.

    guía Para saber máis:

    Na biblioteca do centro podedes consultar o libro: Programa tus juegos con SCRATCH. Editorial DK

    Xataka. Como iniciarse na programación desde cero con Scratch

  • Música mBótica

    EMPEZA A PROGRAMAR: MÚSICA ROBÓTICA
    Primeiro proxecto programando con mBlock.
    mBlock  está baseado no editor Scratch 2.0. O mBot prográmase empregando os comandos do bloque Robot "
    Este é o reto: Programa o mBot para que interprete melodías.
    O arrolo "a, e, i, o, u" de M. Rico Verea e a melodía popular galega "Eu non sei que pasou no muíño"
    O buzzer ou zumbador do robot, permítelle emitir sons bastante decentes (nós non somos moi esixentes)
    Titorial:
    - No programa mBlock, selecciona o grupo Robots e o bloque play tone on note ….. beat ……

    juegosrobotica.es

     

    - O único que tedes que ter en conta son as equivalencias entre as notas anglosaxonas e as latinas e seleccionar unha escala das 5 do piano.

    equivalencias notas

    Estas son as partituras

    Eu non sei. Partitura frauta

    Debería quedar algo así:

    mblock music

    Música Robótica

    Música robótica from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

  • Ola Mundo!

    OLA MUNDO
    Reto: Acender luces. Establecer led de a bordo
    1. Selecciona o Evento (como queres que empece)
    2. Vai a Robot --> bloque “establecer led de a bordo”
    3. 1º só o dereito
    4. Seleccionar o porto no que está instalado o robot.
    5. Escoller cor
    6. Control: esperar 5 segundos
    Reto: Utiliza a placa para que os LEDs funcionen coma un semáforo.
    1. Selecciona o Evento (como queres que empece)
    2. Engade un bloque de control: Por sempre
    3. Emprega o bloque “establecer led de a bordo - dereito” 
    4. Combina con tempos de espera (control: esperar)

    Reto extra: Programa un cruce de semáforos. O led dereito será o semáforo 1 e o led esquerdo será o semáforo 2. Pensa que cando un estea en verde o outro terá que estar en vermello e non poden coincidir a cor ámbar dun semáforo coa verde do outro. Trátase de evitar accidentes.

  • 50 aniversario de Kids Coding

    4 de decembro de 2017

    doodle de google
    xogo google
    O Doodle de Google celebra os 50 anos da primeira linguaxe de programación
    Pensado para nenos e creado nos anos sesenta para ensinar de sinxela e con exemplos visuais.
     
    Outros xogos para este Nadal:
  • Nadal mBótico

    PROXECTO NADAL. NADAL mBótico
    1.- Escribe unha palabra ou pequena frase de felicitación do Nadal e que se mostre na Pantalla de LEDs
     
    A Matriz de LEDs do mBot é unha pantalla formada por 128 lámpadas chamadas LEDs. Están colocadas formando unha táboa ou matriz de 8 filas e 16 columnas. Cada LED pode acenderse e apagarse por separado polo que pode mostrar na pantalla números, letras ou debuxos en función das lámpadas que acendamos ou apaguemos.
     
    Pasos a seguir:
     
    Selecciona o Evento (como queres que empece)
    Engade un bloque de control: Por sempre
    Emprega o bloque do robot “ Mostrar cara”
    A matriz de LEDs conéctase ao porto 1
    Tes estas opcións:
    mostrar cara hi
     
    mostrar cara debuxo
     
    mostrar cara número
     
    Exemplo
    bo nadal matriz led

    Matriz de LEDs do mBot from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    2.- Crear unha iluminación de Nadal. Conseguir que cada LED do Módulo de 4 LEDs RGB se ilumine dunha cor diferente
    As siglas RGB -> red, green, blue Placa con 4 lámpadas tipo LED cunha característica especial: Poden iluminarse variando a súa cor, podendo conseguir calquera cor do arco da vella.
     
    3.- Cargar o programa no robot para que funcione de xeito autónomo.
    Para iso selecciona no bloque ROBOT, o lanzador Programa de mBot .

    Nadal mBotico from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

  • mBotrato

    O SENSOR SEGUELIÑAS DO MBOT. ROBOT INFRARROXO
    Poderemos usar este sensor para que o robot circule sobre unha liña, creando distintos circuitos.
    A ter en conta:
    O sensor de liña conéctase ao porto 2.

    Reto 1: Programar o mBot para que circule de forma autónoma por riba dunha liña negra.
    Neste exercicio empregaremos tres tipos de bloques: Control (laranxas) Os bucles por sempre e se.... entonces, Un operador (de cor verde) onde engades 2 variables -> ...... y ....... e no Programa Robot, o seguidor de liña e o bloque de avanzar/xirar/deterse.
    bloques seguelinha
    Programación
    Á hora de programar o sensor teremos en conta o seguinte:
    Iremos corrixindo a dirección para manter o robot sobre a liña, xirando o robot cara o lado correspondente. Ollo! Neste bloque deberase interpretar o lado esquerdo/dereito como a túa esquerda/dereita mirando de frente
    1. Se o lector esquerdo do sensor de liña está enriba da liña negra e o sensor dereito está fóra da liña, corrixe a dirección para manterse na liña, xirando cara a dereita.
    2. Se o lector dereito do sensor de liña está enriba da liña negra e o sensor esquerdo está fóra da liña, corrixe a dirección para manterse na liña, xirando cara a esquerda.
    3. Se ambos sensores están sobre a liña negrra, o robot avanza recto.
    mblock segueliñas
    Pódese engadir outro si... entonces, se os dous sensores están en branco, que o robot xire ata atopar a liña.
     
    Reto 2: Proba agora a programalo para que vaia sobre unha liña branca.
     
    Reto 3: Programar o robot para que sexa autónomo e circule polo interior dun tatami que imos debuxar con forma de corazón.
    PROXECTO mBotrato
    1. Por un lado debuxaremos a silueta branca dunha pomba ou dun corazón nun fondo negro.
    2. Programar 2 robots para que circulen de forma autónoma pola liña branca.
    3. Programar 1 robot para que se mova polo interior do tatami-pomba ou tatami-corazón.
    Este sensor de liña ten dous lectores de liña cos que controlaremos os bordes. Compróbao ti mesmo colocando o mBot enriba da liña!. Estes son os valores numéricos que empregaremos para programar o mBot:
    VALORES DECIMAIS INTERPRETACIÓN PROGRAMAMOS
    0 0 V0
    Os dous sensores van pola liña negra e están apagados.
    O emisor emite e non recibe nada porque a cor escura absorbe e non reflicte
    Segue recto
    0 1 V1
    O sensor sensor esquerdo vai pola liña negra (está apagado, non emite) e o dereito vai por fóra (luz acendida, reflicte a cor.) Xira á esquerda
    1 0 V2
    O esquerdo vai por fóra (luz acendida) e o dereito pola liña negra (apagado) Xira á dereita
    1 1 V3 Os dous sensores van por fóra da liña negra
    Que se deteña. Velocidade=0
    Ou que xire ata atopar a liña negra.
    Tamén un operador (verde) maior
    operador maior
    Programación
    tatami liña branca

    mBotrato from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

  • Para Rosalía

    Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837 - Padrón, 15 de xullo de 1885) 

    RETOS PARA ROSALÍA

    CIRCUÍTOS

    Debuxar nunha cartolina branca un circuíto EN NEGRO cos lugares nos que viviu Rosalía Padrón - Santiago de Compostela - Madrid

    Debuxar a cara de Rosalía 

    - Usamos o Sensor segueliñas. O robot moverase sobre a liña negra.


    Construír un piano virtual para que interprete distintas melodías. Propóñense "Parabéns para ti" e "Adios ríos, adios fontes"

    -Usamos o sensor ultrasóns, que sirve para detectar obstáculos e saber a que distancia están.

    - Tamén podemos empregar a pantalla de LED para que indique as notas que están soando.-E o zoador, que sirve para emitir sons. Está situado dentro da placa mCore (o cerebro do noso robot)

    1 Debuxa un piano nunha cartolina (ten 65cm de longo), recoméndase de do a re' - 9 teclas

    2 Programar en mBlock tendo en conta as medidas de cada tecla, a lonxitude da 1ª tecla 9 cm e todas as demais están a 7 cm c.u.

    *Se a distancia ao sensor de ultrasón é menor que 9 tocará a nota do se non... ,

    *Se a distancia do ultrasón é menor que 16 tocará re se non... e así sucesivamente.

    Onde 65 é a lonxitude do teclado. A nota do está a 9 cm do sensor do robot e todas as demais teclas están debuxadas cunha separación de 7 cm.

  • O explorador e o escolta

    O EXPLORADOR

    Reto: Programar o robot para que circule pola clase sen chocarse con ningún obstáculo.
    Programación:
    Ten en conta que o sensor de ultrasón está conectado no porto 3.
    Se o robot non detecta ningún obstáculo a unha distancia por debaixo de 15, avanza en línea recta, Velocidad = 150
    Se detecta un obstáculo, xira e espera 1 segundo
    O ESCOLTA
    Reto: O robot seguirá un obxecto en movemento.
    Que estea quieto ata que detecte un obxecto cerca e que o siga todo o rato.
     

    mBot Escolta from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

  • Control do mBot coa app mBlock

    Control do mBot  coa app mBlock

    mblock para androidNeste novo Tema, programaredes coa tablet. Iredes pasando niveis e iránsevos abrindo  novos comandos. Trátase de ler as instrucións que vos vai dando o programa e ir pasando ao seguinte nivel.

    Ao final da clase teredes que aplicar o aprendido, presentando un miniproxecto aos outros grupos.

    PASOS A SEGUIR: 

    1. Organizar grupos de 3 persoas.
    2. Establece a conexión entre o robot e a tablet, basta con achegar o dispositivo ao mBot. Probade se hai interferencias  co bluetooth entre as tablets e os robots.
    3. Accedede ao titorial (Historia), e ide superando os desafíos que se van presentando. Irédesvos familiarizando cos comandos que controlan o robot.
    4. Pasade os dous primeiros niveis.
    5. Picade agora na opción CREAR 
    6. Cada grupo programará o mBot empregando o código desexado cos bloques traballados. 
    7. Executar o programa empregando a conexión por bluetooth.

    Aquí mostramos un exemplo onde se pon de manifesto a capacidade dos rapaces para experimentar e aprender.

    mBot bailando A Macarena from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    Programando o mBot dende a tablet from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    Programando coa app mblock from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

    No seguinte vídeo os alumnos/as demostran as súas habilidades artísticas, creativas e imaxinativas. As disciplinas STEM compleméntanse necesariamente coa arte e coa creatividade (STEAM).

    Fomentando as vocacións "STEAM" from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

  • Snow, un robot que loita contra o acoso

    SNOW, O ROBOT QUE DETECTA O ACOSO ESCOLAR E LOITA CONTRA O BULLYING

    A firma KIO Intelixencia Artificial creou un robot capaz de interactuar con alumnos de 8 a 16 anos para detectar casos de acoso escolar nas aulas e elaborar informes que axuden a previr estes comportameentos.

    La Razón. Tecnología

  • Robot Garabateador

    Imos facer un “robot” que se move pola vibración dun motor.

    Aprenderemos a facer as conexións dun circuíto eléctrico, a soldar e a deseñar de xeito creativo un sinxelo robot.

    PRECISAMOS:

    - Material reciclable: Un vaso ou unha caixa,  de plástico consistente para o corpo.

    - 1 Pila AA de 1,5v

    - Rotuladores para as patas.

    - Cinta de pintor

    - Barras de pegamento termofusible

    - Motores, interruptores e cable condutor

    - Soldador, motores, interruptores.

    - Atrezo: Limpiapipas, paus depresores, papel de cores, palillos, lá...

  • Autoavalíate