Esquema de temas

  • Primeiros Auxilios. Maxia nas túas mans

    Non cabe dúbida que unha correcta e rápida actuación en situacións de emerxencia- hemorraxias, atragoamentos, queimaduras, accidentes...- ou ante calquera  situación de risco, poderiamos salvarlle a vida a un ferido/a.

    Con este proxecto familiarizarédesvos cos protocolos de actuación e practicaremos algúns casos prácticos.

    Os Bolechas mostrarannos como actuar ante estas situacións de emerxencia:
    • Insolacións
    • Queimaduras
    • Hemorraxias nasais (epistaxe)
    • Picaduras de insectos e trabadas de animais

    Para ler os libros dos Bolechas, deberedes activar a aplicación Flash Player

    Fíxate - Na barra de direccións pode aparecer un candado ou "No es seguro", pica nel e aparecerache unha ventá emerxente coma esta, Selecciona Flash> Permitir

    activar flash

                                 OLLO!       O alumnado deberá enviar os traballos para facer seguimento 

  • Tema 1

    PARA O ALUMNADO DE  CCNN 5º E LINGUA GALEGA 6º 

    procesador de textoPrepara un traballo utilizando un procesador de textos (Word, Libre Office...) seguindo estas instrucións 

    - Busca un título apropiado para o teu traballo. 

    - Copia o enunciado das actividades (Están nas diferentes seccións, son 6)

    - Busca a información que vaias necesitando en internet e contesta en galego.

    - Dálle ao texto un formato atractivo que sexa doado de ler (o tamaño mínimo da fonte debe ser de 12 puntos).

    - Inclúe algunhas imaxes 

    Envía o traballo á Sali

    vistah10@gmail.com

    salialvarezcarnero@gmail.com

    Se tes calquera dúbida contacta coa mestra.

    • Tema 2

      CHAMAR AO 112 OU AO 061

      Actividade 1. Busca información e explica as  diferencia entre ambos  teléfonos.

      Actividade 2. A cal chamarías ti? .......................... Por que?

      061 emerxencias sanitarias                    112

      • Tema 3

        COMO ACTUAR?

        Para realizar os Primeiros Auxilios a quen o necesite, mentres esperas a que cheguen os servizos de emerxencias, deberás seguir un protocolo. Recorda estas letras:  PAS
        Actividade 3. Imaxina que na túa casa hai un ferido/a, a gravidade decídela ti. Escribe que dirías na túa chamada á emerxencias. Non esquezas identificarte, dicir onde vives, e expresar con claridade a situación do/a ferido.
        pas

        Protexer sen agravar a situación.

        Socorrer: facer unha primeira avaliación da situación do accidentado/a :

        Comprobar se respira ou sangra.

        Falarlle para ver se está consciente.

        Alertar ao 061 ou ao 112: a persoa que avisa debe expresarse con claridade e precisión sen perder a calma. Dicir dende onde chama e indicar exactamente o lugar do accidente con toda a información recollida do ferido/a.

        Fíxate como actúan estes compañeiros/as de 6º EPque facer nun desmaio

        • Tema 4

          GUÍAS 061 COS BOLECHAS

          Os Bolechas colaboran co 061 de Galicia, e ensínannos como realizar adecuadamente as técnicas de primeiros auxilios nas situacións máis frecuentes.

          Actividade 4. Le cada día polo menos un dos libros dos Bolechas. Escribe un texto cos protocolos de actuación de cada emerxencia.

          Para ler os contos tedes que activar a aplicación "Flash" no voso equipo (seguide as indicacións que aparecen ao comezo da actividade). En Android, Windows, Linux, funciona. Non o teño claro co sistema operativo  iOS. Xa me contaredes!  

          • Tema 5

            PRACTICA UNHA RCP

            A Reanimación Cardiopulmonar  ou  RCP , deberase realizar cando o ferido non respire e non se aprecie o latexo cardíaco.

            Comezamos aplicando o protocolo MES. Tíralle da cabeza un pouco cara atrás coma no debuxo para abrir as vías respiratorias e colócate de xeonllos ao seu lado:

            mira escoita e senteMira (inspira/expira- sube e baixa o peito)

            Escoita (o sonido da respiración)

            Sente (na meixela o aire da expiración)

            Se non respira comezarase a aplicar a RCP á vez que alguén avia a Emerxencias.

            ACTIVIDADE 5.  Facede prácticas cunha boneca ou peluche de tamaño medianoPodes enviar algunha foto.

            ** Non se debe practicar nunha persoa. Non é un xogo, podes romperlle o esterno ou unha costela. 

            Faremos as compresións con música (A ritmo da Macarena ou Stayin' Alive dos Bee Gees) tamén se pode empregar un metrónomo que marque o pulso a 105 (en música, aparello que mide a velocidade do pulso, por se alguén non se acorda).

            Fíxate na posición do corpo

            rcp

            RCP Mans que salvan vidas from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

            PROTOCOLO RCP EN NENOS/AS

            Como realizar rcp nenos

            • Tema 6

              DALLE RITMO AO CORAZÓN

              Como vedes no vídeo, os números de emerxencia non son iguais en todo o mundo.  O 112 é o número de emerxencia que se usa na Unión Europea, Suiza ...

              Actividade 6. Investiga. Que número de emerxencias  terías que marcar se estiveses en Estados Unidos, e... nun país de Asia?