Skip to Content

Biblioteca creativa

O acendido das luces anuncia a chegada do Nadal

Durante esta semana inauguramos os Xogos de Nadal: escornabot, Set, Quiddle...

-Xogo do acendido da  árbore con escornabots. É un xogo de estratexia. Pódese xogar en equipo ou individualmente. Repártense as bólas coas luces e cada xogadora ou xogador debe programar o escornabot para ir acendendo as luces da árbore tratando de non cortar o camiño do robot. Gaña quen coloque primeiro todas as luces.

bolas arbore nadal_ luces  

-Bólas personalizadas de Nadal. Tamén imprimimos uns aros coa impresora 3D, despois engadimos acetatos de cores cos nomes do alumnado e dos profes, por grupo-clase e coas bólas adornamos a biblioteca.

 

Música: Voces- alumnado de 6º. Letra de Luís F.

Foto e Decoración de Nadal da entrada do cole: Belén Forneiro

Actividade encadrada no proxecto Biblioteca creativa.

Xogo con buxainas e escornabots

Coñecemos distintas modalidades de xogo, a nomear as partes, aprendemos a vestir o peón e facelo bailar.
Xogo con escornabots para afianzar o vocabulario e ditos deste xogo.
 
Bibliografía: O Libro dos Xogos Populares Galegos. Paco Veiga. Sotelo Blanco Edicións.

Actividade escornabótica inspirada na carreira do San Martiño.

É un xogo con cartas, cada carta ten distintas preguntiñas: de completar, bailar, historia... por un lado e, polo outro, ten unha imaxe igual que as que aparecen no taboleiro. 
 
Pódese xogar individualmente ou por equipos. Cada equipo escolle as cartas, e xa ten o seu percorrido, Ollo! hai algunhas celas prohibidas polas que o robot non pode pasar.
 
Modificamos o desprazamento dos robots de 10 a 15 cm para que o robot percorrese máis espazo, como nunha carreira.
 
Aínda que o xogo ten moitas posibilidades, estas son algunhas das dináminas de xogo que realizamos nós:
E. Infantil.
1. ROBÓTICA E ABN. Cada xogador/a tira o dado, establece o percorrido segundo o nº que lle saíu  para chegar a unha tarxeta e contestar á pregunta.
E. Primaria:
2. A carta que se escolle marca a cela á que ten que programar o robot, o percorrido escólleo cada xogador/a,  é necesario responder á pregunta para seguir xogando.
 
Protocolo covid: Xogamos no Salón de Actos, un lugar amplio con ventilación natural permanente; uso de máscara; desinfección de mans tras xogar, dos escornabots, das cartas e todas as superficies con 70% alchohol  en spray. Un grupo/clase cada sesión e desinfección por parte do persoal de limpeza entre grupo e grupo. 
 
Debuxos realizados polos rapaces de 5º e 6º e as preguntas están inspiradas na canción que cantamos "Vive o Magosto" de J. Manuel López Cabana

Bibliotecas creativas e Escornabots

Durante o 2º trimestre o alumnado de 6º de EP participou activamente na cadea de montaxe de 3 escornabots. 

Organizamos a clase en 3 grupos para ir rotando por 3 obradoiros que se estaban desenvolvendo de xeito simultáneo:

Obradoiro 1. Ensamblaxe dos escornabots e conexións eléctricas. En grupos de 8 alumnas/os e de xeito colaborativo foron montando e conectando os robots seguindo as instrucións. Un/nha alumno/a de cada grupo encargábase de facer as fotos das distintas fases da cadea de montaxe coas que se editou o seguinte vídeo.

Obradoiro 2. Debuxos para novos taboleiros e redacción da dinámica de xogos.

Obradoiro 3. Xogo con escornabots: taboleiros de ciencias, medio ambiente "Quiz eco-sostible", entroido escornabótico, ...

 

Instrucións para a montaxe e conexións dos Escornabots 

escornabotsNo momento de comezar esta situación de emerxencia estabamos traballando neste taboleiro con escornabots:

  TEMOS UN COMPORTAMENTO ECOSOSTIBLE?

Actividade publicada na Aula Virtual: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=47

Un grupo de rapaces de  5º e 6º encargáronse da parte gráfica e fixeron os debuxos e un segundo grupo redactou a dinámica do xogo.

QUIZ ECOSOSTIBLE

taboleiro ecosostible 

Fai clic aquí para ver a Dinámica de xogo

No libro cóntase a historia de Fred Quincalla, un autómata imperfecto e único, que case perde a esperanza de atopar o seu lugar no mundo.

Deseñamos actividades para antes/durante e despois da lectura.

 A actividade esta publicada na Aula Virtual > 6º > Lingua galega 

Audiopoemas dedicados a Fred Quincalla. Publicados en  #EuQuedoNaCasa con data o 27 de abril.

Ficha interactiva Fred Quincalla

 

Para celebrar  o Día da Terra, aproveitamos un dos personaxes do libro e pedímoslle aos rapaces que construíran cadanseu robot inspirándose Fred Quincalla. O único requisito era o  emprego de material de refugallo.  

Redución de residuos e manter hábitos de reciclaxe son as mellores opcións para velar pola saúde do Planeta

Nas demais clases pedíuselle que fabricases un xoguete, un robot, calquera manualidade reutilizando materiais.

Estes son unha selección dos  Makers:

Aus de 5º e o seu robot envíannos unha mensaxe a través da pantalla LCD. 

Aus de 5º, Mikel de 1º e seu papi  explicannos o proceso de conexións e programación da pantalla LCD

Ainhoa de 5º, emprega caixa e cartón, envases e rollos de papel

Guille de 5º constrúe un robot co bote de colacao e algúns complementos de plástico.

Este robot con botellas, palliñas, follas de revista, e vasos de iogur é obra de Delia- 5º  

 Ao robot de Vítor de 5º, non lle falta ningún detalle

 Paulo 5º, no seguinte enlace explícanos cal foi o proceso que seguiu no deseño do robot.

O robot de Martín de 6º

As evidencias están no blog de Agueiro #EuQuedoNaCasa publicados coa data 22 de abril

No blog da biblioteca e no álbum de Google Eu Reciclo Xogando

Durante este mes fixemos unha recollida de información sobre as máscaras e traxes máis representativos do Entroido da provincia de Ourense. Escollemos once máscaras para formar este taboleiro. 

TABOLEIRO  ESCORNABÓTICO DE ENTROIDO

Actividade 1-  Para alumnado de Infantil. Actividade ABN:
-Tiran o dado
-Desprázanse ese nº de celas polo taboleiro.
-Identifican a máscara.
-Programan o robot ata esa careta.

Actividade 2- Para alumnado de infantil e primaria - Recoñece Máscaras de Ourense a partir de detalles de cada unha

Actividade 3 -Dirixido a alumnas/os de primaria - Le as tarxetas e identifica o/a personaxe de cada localidade.

Tarxetas para imprimir e recortar

 cartas detalles         tarxetas entroido
 Actividade 2   Actividade 3

Debuxos realizados polo alumnado de 4º e 6º de EP

Tarxetas descritivas: alumnas/os de 6º

#25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Todo o colexio, desde infantil a primaria asistiu por sesións organizadas á Biblioteca para xogar cos escornabots nos taboleiros da Igualdade.
Xogos e actividades que invitan á reflexión para romper con estereotipos e camiñar cara a IGUALDADE.Que ninguén che corte as ás

Que ninguén che corte as ás

Actividades escornabóticas para derribar roles e estereotipos. 

* Nivel Infantil e Primaria

Tras ver o vídeo de “O libro dos porcos” propóñenselle varios xogos a partir do taboleiro: identificar situacións que aparecen no conto, ordenar a historia, realizar diferentes itinerarios polo taboleiro.  

* Nivel Primaria

Necesitades un escornabot, un dado, e tantas fichas como xogadores/equipos xoguen.
contos igualdade

 

Antes de xogar: Ler a selección de contos  con temática inclusiva e de igualdade propostos. Pídeselle ao alumnado que escriba unha pequena reseña sobre cada un. 

 

Como se xoga? Repártense as tarxetas das reseñas e cada xogador/a terá que identificar o libro e levar o escornabot a cela correspondente

 * Nivel 4º, 5º e 6º de Primaria

A OCA DA IGUALDADE 

Este taboleiro xógase ao estilo xogo da oca. As respostas son abertas, as  opinións contan, agás na cela 5 que só ten unha resposta correcta. Se non acertades, retrocederedes ao principio. Para gañar teredes que caer na cela 11 e responder a pregunta quen é Malala? Se non o sabedes volveredes á saída.

Instrucións

oca da igualdade

Blog da biblio: A sombra do érbedo. 

Bibliotecas Creativas

Lemundi, a mascota da biblio, invítanos a xogar cos escornabots  no Día das Bibliotecas Escolares.

Imos aprender a...

  • Coñecer os espazos da biblioteca. 
  • Manexar de forma básica a CDU. 
  • Programar o escornabot dende a botoneira.
  • Aprender xogando. 
Dinámica de xogo: 
Xogo 1
Material: taboleiro coa cdu, un dado e un escornabot
Haberá que tirar o dado, mover o escornabot o nº de celas que marque o robot, dirixirse aos andeis da biblioteca e traer un libro dese apartado da CDU
 
Xogo 2
Material: 2 taboleiros que reproducen os andeis da biblioteca, maquetas de libriños con cadansúas etiquetas.
Cada xogador collerá un libriño e programará o robot ata a cela correspondente segundo a etiqueta que aparece no lombo do libro (como son miniaturas, pódense cargar no escornabot e que os transporte)
    
 
codeweek bibliotecaCODEWEEK: Esta actividade está inscrita na Semana da Programación da Unión Europea:  
Distribuir contido


by Dr. Radut