Skip to Content

Educación plástica

24 de febreiro, Día de Rosalía

Unímonos a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballamos co poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar o tema das migracións, en todos os seus aspectos.  #ErrantesPoloMundo_rdc_20
1-"Galería de arte de  Rosalía errante" - En pequenos grupos, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, pintaron un cadro inspirado nunha estrofa do poema e que pretendía expresar sentimentos como a morriña, a dor, o abandono, a tristura, o medo... que se sofren ao ter que emigrar. 

2- Recitado do poema, enfatizando no sentimento de tristura ao despedirse do fogar e da terra por ter que emigrar e coloquio na aula sobre a emigración, empatizando e comprendendo a situación de numerosas compañeiras e compañeiros.
3- Interpretación da versión de Amancio Prada, vocal e instrumentalmente, á hora da entrada nas aulas.
4- O alumando de 6º de E. Infantil escribiron o libriño "Adiós ríos, adiós fontes" escribindo e ilustrando cada estrofa do poema.

Actividades encadradas no proxecto interdisciplinar de centro "A pintura" e  relacionadas coa proposta da AELG #Errantes Polo Mundo_rdc_20

 

 

Proxecto Pintura, todo o  que poidas imaxinar!

Hoxe celébrase o bicentenario do Museo do Prado, abriu ao  público o 19 de noviembre de 1819 con 311 pinturas, hoxe expón máis de 1700 cadros. A quen non lle gustaría visitalo? Se queres facer unha ronda polo museo pica no seguinte hipervínculo ->Museo do Prado

Os cadros son os protagonistas

No cole tamén temos unha exposición de pintura de Alfredo Labajjo Grandío, o chamado Picasso Galego. Esta é unha escolma das pinturas reproducidas polo alumnado de 5º e 6º na clase de Plástica

Leonardo da Vinci, os rostros do xenio no Pazo das Alfaias en Madrid

Exposición conmemorativa do V centenario do seu falecemento.

De visita cultural:  O martes, día 14 de maio, os rapaces e rapazas de 6º, tiñamos unha cita con Leonardo; unha oportunidade para coñecer ao pintor, escultor, inventor, en definitiva, un home adiantado ao seu tempo.

A parte das súas obras máis coñecidas como son  os cadros de A Adoración dos Magos, Mona Lisa, A Última Cea..., ou O Home de Vitruvio, un estudo sobre a proporción humana;  sorprendéronnos os seus cadernos, cheos de investigacións sobre mecánica, anatomía (debuxos que semellan radiografías do corpo humano), enxeñería militar, topografía, hidráulica...

As páxinas están escritas de dereita a esquerda e en espello "escritura especular",  cheas de debuxos e notas  nas que se aprecia o seu esforzo por entender o funcionamento da natureza e do corpo humano.

Tamén ideou unha serie de inventos como máquinas voadoras (o ornitóptero), o paracaídas, o primeiro traxe de buzo, a hélice, un tambor mecánico... 

No noso percorrido polas distintas salas, atopámonos con Christian Gálvez, comisario da exposición e membro do Leonardo DNA Project como experto mundial na figura de Leonardo da Vinci

Esta actividade pecha o proxecto Viaxamos a Italia, desenvolvido dende a biblioteca do centro durante o 1º trimestre.

Luís Seoane foi un artista multidisciplinar e gran impulsor da cultura galega.   

Estas son as actividades desenvolvidas na clase de plástica cos alumnos e alumnas de 5º e 6º:

collage

Curso na Aula Virtual : Obradoiro de Plástica. Días das Artes Galegas  (Para acceder, entra como convidado/a)

A Real  Academia de Belas Artes homenaxea a Luís Seoane, artista multidisciplinar e gran impulsor da cultura galega.

Imos a achegarnos á súa obra coñecendo algunha das súas facetas máis creativas.  

Como escritor e defensor da lingua galega.

Poemas para ilustrar a obra "o Gaiteiro"

poemas o gaiteiro

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Reescribindo a Luís Seoane
 
Na súa faceta das artes plásticas

- Interpretación da obra "Bodegón de Peixes", con diferentes técnicas plásticas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Curso na Aula Virtual : Obradoiro de Plástica. Días das Artes Galegas  (Para acceder, entra como convidado/a)

retrato esguello o gaiteiro
Collage sobre o retrato de Esguello O Gaiteiro
Un gran defensor da música tradicional como se pode apreciar na temática de numerosos cadros e xilografías
Os Fiadeiros: Música tradicional e baile con instrumentos tradicionais: A gaita, a pandeireta e o pandeiro. 
  "Baile"
 
Aproveitamos para coñecer de preto a gaita e algúns, animáronse  a botar algunha peciña.

AELG #libre o meu pensamento

#8M Día Internacional da Muller 

Inspirándonos en textos tomados do poemario de Rosalía de Castro, pintamos as nosas pancartas denunciando a inxustiza social que aínda sofren moitas mulleres en pleno século XXI.

Actividade da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!"  

Reportaxe gráfico da actividade na Galería de imaxes

As tarxetas de Antía de 3 anos e Ailyn de 5º EP foron as escollidas para felicitar o Aninovo ás familias:

Tarxeta Antía          Tarxeta Ailyn  

Se premes na imaxe verás unha escolma das tarxetas presentadas por todas as clases:

felicitacións vh

 

Dentro dos actos conmemorativos do 25N, expuxemos os carteis elaborados polas alumnas/os de 5º EP coa temática: Batallando contra os estereotipos

Lisa no Samaín, é unha actividade que forma parte do proxecto Viaxamos a Italia. O eixe central deste traballo interdisciplinar en plástica, foi dar a coñecer un dos grandes xenios da historia: Leonardo da Vinci na súa faceta de pintor, escultor e inventor.

Estes son os produtos finais 

Home de vitruvio

Proxecto Viaxamos a Italia

Comezamos o proxecto traballando coas proporcións do rostro e do corpo. Foi así como demos co estudo das "Proporcións ideais do corpo humano ou O Home de Vitruvio" de Leonardo da Vinci.

Da Vinci, baseouse nun texto do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion (s. I a. C.), onde se mencionan diversas proporcións presentes no corpo humano. No debuxo, Leonardo represéntase a si mesmo espido e en dúas posicións sobre impresas de brazos e pernas, inscrito nun círculo e nun cadrado. O debuxo tamén é considerado símbolo da simetría básica do corpo humano.

 
Estas son algunhas das notas de Leonardo da Vinci que determinan as proporcións do seu corpo:
  • "Unha palma é a anchura de catro dedos.
  • Un pé é a anchura de catro palmas.
  • Un antebrazo é a anchura de seis palmas.
  • A altura dun home son catro antebrazos (24 palmas).
  • A lonxitude dos brazos estendidos dun home é igual á súa altura.
  • A altura da cabeza ata o final das costelas é un cuarto da altura.
  • A anchura máxima dos ombreiros é un cuarto da altura.
  • A distancia do cóbado ao extremo da man é un quinto da altura.
  • A lonxitude da man é un décimo da altura".
Nós fixemos este debuxo en 5º e 6º. Os voluntarios foron Laura e Iván. Repasamos o seu contorno nas dúas posicións e inscribímolos no cadrado e no círculo
Fontes consultadas:
http://duracreatividad.blogspot.com/2013/03/el-hombre-de-vitruvio.html
Distribuir contido


by Dr. Radut