Skip to Content

Língua galega

Este proxecto parte da biblioteca escolar co obxectivo de achegarlle aos rapaces a cultura xaponesa. 

Cada pobo, cada cultura ten as súas tradicións e manifestacións literarias. Algunhas son comúns a todos os pobos do mundo, como os contos, as lendas, os arrolos,...; outras son propias dun lugar concreto.

Un haiku é un poema breve de orixe xaponesa que emprega unha linguaxe sensorial e trata de evocar no lector, unha imaxe ou un sentimento. 

Métrica: ten tres versos sen rima de 5, 7, 5 sílabas.

A temática: a natureza, un momento especial, as estacións, unha experiencia marabillosa...

 

Fontes consultadas:

http://asombradoerbedo.blogspot.com.es/2017/12/viaxamos-xapon.html

Lingua 6. Ed Anaya Dixital

https://es.wikihow.com/escribir-haiku

Dinámica de expresión contra a violencia de xénero

"A violencia de xénero segue sendo unha gran lacra social nos nosos días." Aínda que moitas veces non somos conscientes, vivimos rodeados de estereotipos que fomentan a desigualdade, pero está nas nosas mans abandonar estes comportamentos e tomar conciencia de que outra sociedade é posible. Unha sociedade baseada na igualdade, no respecto e na tolerancia.

Dinámica do xogo: Palabras que doen

- Cada un ten que escribir unha frase ou comportamento discriminatorio entre iguais nunha etiqueta.

Palabras que doen

Algunhas das frases que saíron son as seguintes:

 

tarxetas palabras que doen

As mulleres caladiñas na cociña

Se alguén conduce mal: "muller tiña que ser"

Onde vas vestida así?

Un mozo á súa moza: "Gústame saber onde estás, con quen falas polo móbil"

As mulleres son inferiores aos homes

Caladiña estás mais guapa

A ver se ven mamá e fai a cea

Berras coma unha nena.

Os nenos non choran.

Choras coma unha nena!

- A continuación cóllense todas as etiquetas e péganse de forma aleatoria na espalda ou na fronte de cada rapaz/a sen que este/a saiba o que contén.

- Dá comezo o xogo e póñense por parellas facendo, primeiro un e logo o outro, os xestos e os sons precisos -sen falar- para que a parella poida descubrir o que pon na súa etiqueta.

- Vaise cambiando de parella.

     xogo: palabras que doen         

Ao acabar a clase, debatemos sobre estes comportamentos e describimos outros que promoven cambios de actitude para lograr unha sociedade libre de toda violencia.

Non mirar cara outro lado, se escoitas ou ves algún comportamento violento, actúa!

Presta apoio ás persoas que te necesiten.

Evita todo tipo de comentario sexista e impulsa este comportamento entre os teus coñecidos/as.

Quérete moito.

Ten empatía.

Distribuir contido


by Dr. Radut