#20 N, DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
As Alumnas/os de 6º de primaria, distribuíronse en grupos para lerlles o discurso de Malala Yousafzai ás nenas/os de primaria.
Que as aulas baleiras, a infancia perdida ou o potencial desperdiciado, se acaben connosco.
Que sexa a última vez que unha nena ou un neno pase a súa nenez nunha fábrica.
Que sexa a última vez que unha nena se vexa forzada a un matrimonio temperán.
Que sexa a última vez que unha nena/o inocente perda a vida nunha guerra.
Que sexa a última vez que unha aula quede baleira.
Que sexa a última vez que se lle diga a unha nena que a educación é un delito e non un dereito.
Malala Yousafzai
No vídeo, Uxía, Zoe, Aarón e Héctor, lenlles ás rapazas e rapaces de 1º EP. “Un neno/a, un mestre/a, unha pluma e un libro, poden cambiar o mundo”.