Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

RECORDOS DO NADAL

Mañá xa voltamos ao cole, pero non queriamos deixar de publicar uns pequenos recordos do que foi o último día do 1º trimestre:

- Visita de Papá Noel e entrega de agasallos.

- Música, baile e actuacións no interior do cole ao longo da mañá.

- Saída á cancha para a entrega de premios do V Concurso de Tarxetas de Nadal ornanizado pola ANPA.

- Bailes grupais no exterior.

Moitas grazas ao Concello e á ANPA por colaborar para que este día fose inesquecible.

BO NADAL

O CLAUSTRO DO PROFESORADO E O PERSOAL NON DOCENTE DO CEIP VISTAHERMOSA QUERE DESEXARVOS BOAS FESTAS E UN VENTUROSO 2024

AUDIOCONTO 5º PRIMARIA

As nenas e nenos de 5º de Primaria estiveron traballando moito para realizar este audioconto. Esperamos que vos guste.

Campionato provincial de cros escolar

Hoxe fómonos a Ribadavia para competir na fase provincial de cros escolar

Tres foron os nosos representantes, Laura González (5º), Míkel Hernádez (5º) e Saúl Rubín (4º), que non o puideron facer millor, estupendas marcas para os tres.

Unha xornada fría e con moita néboa que souberon combater con gran esforzo, ánimo e actitude.

NORABOA AOS TRES!!!

Moitas grazas ás familias pola vosa axuda e interés.

A próxima cita será o 13 de xaneiro no campionato galego para o q se clasificou Laura.

  

MEDRAMOS E FACÉMOLO CON FORZA!

 

O CEIP de Vistahermosa inicia unha nova etapa da man do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

O titular da Consellería de Educación, Cultura, FP e Universidades, D. Román Rodríguez, anunciou está mañá nunha reunión coas direccións dos centros implicados, as melloras previstas en nove colexios, institutos e centros integrados de FP da cidade de Ourense.

Dentro das devanditas actuacións atópase o noso colexio, o CEIP Vistahermosa.

No centro, que contará cun investimento de algo máis de 700000€, levarase a cabo unha rehabilitación integral, a instalación dun ascensor e o peche parcial da pista polideportiva.

Agradecemos, como non podería ser doutra forma, que a Consellería poña hoxe de relevo tanto ao noso colexio como ao propio barrio de Vistahermosa dando resposta así a vellas demandas desta comunidade educativa.

As obras do CEIP Vistahermosa, que comezarán  no ano 2024, enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e situarán ao noso centro, nun futuro moi cercano, como un dos máis modernos, accesibles e confortables de toda a nosa contorna.

Hoxe, tal e como apuntabamos ao inicio, comeza unha nova etapa para todos nós, unha etapa, que de seguro, fará que a nosa comunidade educativa medre e aumente aínda máis o seu valor.

Noraboa a toda a comunidade educativa do CEIP Vistahermosa!

 

 

Visita residencia "As Salinas"

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a residencia "As Salinas" no Viso para realizar diversas actividades interxeracionais cos maiores. Cantaron panxoliñas, realizaron talleres, tarxetas de Nadal, xogaron...

Bonita actividade que favorece a responsabilidade, os valores  e o respeto cara os maiores.

Grazas á residencia por darnos a oportunidade.

ENCONTROS COA ESCRITORA

Hoxe  visitounos a escritora de libro infantil e ilustradora Estefanía Padulles.

Contounos á vez que debuxaba: "Leopoldo, o pequeno monstro" e "A manchas ou a raias?"

 

 

 

 

          

5º CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL ANPA

O alumnado do CEIP Vistahermosa xa está mans a obra co tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal organizado pola ANPA.

Trátase dunha actividade voluntaria que se realizará NO COLEXIO para que todas e todos conten coa mesma axuda e materiais. 

O resultado de todo este traballo exporase nos "tendedeiros" do hall da entrada e formará parte da decoración e ambientación navideña do centro.

ANIMADE ÁS NENAS E NENOS A PARTICIPAR!!!

 

O Equipo de Actividades Extraescolares e Mar déronlle un novo uso ao material de reciclaxe e conseguiron unha auténtica e única decoración de Nadal.

Con diferentes caixas de cartón construíron o trineo, os renos, a cheminea pola que baixará Papá Noel e o peto dos desexos onde as nenas e os nenos depositarán as súas cartas nestes días.

Quedou así de espectacular e quen entra, contáxiase da alegría e do Espírito do Nadal.

taller creativo nadal

 Tamén as portas se están engalanando para a ocasión, utilizando bolsas de papel para facer "camisetas" de Elfo e Papá Noel, tubos de cartón para as figuriñas da entrada, periódicos e bolas de papel, caixas de cartón...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut