Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

A VOLTA AO COLE. FARO DE VIGO.

Picade na imaxe para acceder á reportaxe que fixo o Faro de Vigo do primeiro día no noso cole.

 

 

MENÚ SETEMBRO

heroes no cole patapum

Dá comezo o novo curso escolar. 

A actividade lectiva comeza mañá mércores, 11 de setembro.

O horario será de 9.00 a 14.00. Agás E. Infantil que sairá ás 13:55.

Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade.

Algunhas datas de interese deste curso escolar. Calendario escolar 

Relación de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Educación Infantil

4º E Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

Educación Primaria

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º e 6º  E. Primaria - Aulas E-Dixgal 

 

Graduación 6ºEI e 6ºEP

O pasado venres 21 celebrouse no noso cole a graduación dos maiores das dúas etapas educativas.

Unha xornada moi emocionante onde non faltaros antigos mestres, familiares, amigos, agasallos, música, globos e bailes.

Saída final de curso 6º

Última excursión da Primaria para as nenas e nenos de que marcharon os días 18, 19 e 20 de xuño a San Vicente do Mar.

Alí practicaron actividades acuáticas como kayak (remando ata as bateas e pasando por debaixo delas), intermareal (coñecendo especies agochadas entre as rochas),snorkel... ademáis de practicar no parque aventuras, rocódromo, tirolina....

Desfrutaron de grandes xogos e veladas nocturnas con nenas e nenos de outros coles, xogaron libremente na praia e nos ratos libres...

Uns días xeniais onde aproveitaron cada minuto e acabaron agotados. Unha grande experiencia e recordo inesquecible.

CHARLA DE CONVIVENCIA

Hoxe impartiuse unha charla sobre Convivencia escolar, a cargo da coordinadora de Benestar e do departamento de Orientación e dirixida  ao alumnado de 5º e 6º.

Queremos un centro onde nos sintamos valoradxs, respectadxs e acollidxs, no que se dean relacións de igualdade e respecto.

acoso escolar de María José López

SAÍDA MARCELLE 3º E 4º

E o venres foi o turno de 3º e 4º que se desprazaron ata Outeiro de Rei para visitar MARCELLE NATUREZA. Un espacio onde puideron coñecer e ver na realidade innumerables especies de animais e descubriron a historia da meirande parte deles.

Unha xornada moi proveitosa e divertida onde tampouco faltaron a convivencia os xogos e as cancións.

Distribuir contido


by Dr. Radut