Os DigiCrafters de 6º sumámonos ao movemento "Acción polo planeta" creando unha maqueta con varios inventos cos que conseguiremos un planeta máis sostible.
Este é a nosa cidade autosuficiente que reduce a contaminación e coida o medio ambiente. Ten varios sistemas domóticos: A xoaniña composteira, recollida da auga da chuvia e rego programado, o espantallo intelixente, Música nocturna e robots que recollen o lixo.
Con este proxecto traballamos de xeito colaborativo para dar solucións a problemas reais.
O vindeiro mércores expoñeremos o noso proxecto na fase final autonómica no Edificio Fontán da Cidade de Cultura de Santiago.