Skip to Content

A zanfona en concerto

salial

ZANFONA

Un traballo de Andrea D.S., 6º de EP.

DESCRICIÓN

Normalmente ten tres cordas cantoras que producen a melodía, os bordóns, que tocan sempre a mesma nota; o can, que é para facer ritmos e as simpáticas, que só producen son cando no teclado está soando a mesma nota que na corda. As cordas vibran fretadas por unha roda que xira grazas a unha manivela. Conta cun teclado que varía a altura das notas.

HISTORIA

Ten as súas orixes no centro de Europa durante o século X. Nun principio tiña grandes dimensións e eran necesarias dúas persoas para facelo soar, nesa época coñecíase coma organistrum.

Entra na península Ibérica polo camiño de Santiago e comeza a ser usado como instrumento para marcar as notas de afinación do coro, nos conventos e nas catedrais.

Durante a Idade Media, sae dos templos e convértese nun instrumento que tocaban os xograres e os trobadores para acompañar cancións e romances.

Cando chega o S. XII, será o rei Alfonso X O Sabio, xunto con numerosos colaboradores, quen a menteñan viva ao reunir e compoñer nada máis e nada menos que 430 Cantigas de Santa María, moitas delas con acompañamento instrumental da zanfona.

No S. XV cae en decadencia e queda relegada a instrumento de cegos, que empregaban para acompañar as súas coplas polos pobos, romarías e feiras.

Aínda que non o é, a zanfona é considerada un instrumento tradicional de Galicia, xa que foi aquí onde lograron salvala da extinción. Grazas, sobre todo ao traballo de recuperación de Faustino Santalices, un lucense, que investigou, documentou, gravou un disco interpretado coa zanfona  e creou un taller escola para que este instrumento non se perdese.

Concerto zanfona from Ceip Vistafermosa on Vimeo.



page | by Dr. Radut