Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

salial

día de rosalíaNa entrada do colexio temos unha exposición que vai medrando cada día: 
As rapazas e rapaces de E. Infantil expuxeron carteis onde demostraron as súas dotes plásticas e creativas.

En primaria, crearon cómics e ilustraron poemas inspirándose nas obras da autora.
Nas clases de robótica, alumnas/os de 6º, deseñaron unha infografía robótica --> Rosalía ReBOTada.
Na infografía aparecen os datos máis significativos da biografía e obras da poeta cun circuíto, para os mBots, cos lugares onde viviu. Cada robot portaba unha pancarta con mensaxes que xurdiron da lectura dos versos de Rosalía e asociados a situacións de inxustizas sociais que afectan as mulleres. #LibreOMeuPensamento_rdc_19 (AELG)
Programamos un piano virtual, para tocar cos robots cancións dedicadas a Rosalía como "Adios ríos, adios fontes" e "Parabéns para ti"

A celebración continúa, xa que acordamos desenvolver esta data conxuntamente co #8M día Internacional da Muller. Unirémonos á proposta da AELG "Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!" participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas elaboradas en cadansúa clase que reivindiquen os dereitos das mulleres ou que denuncien a inxustiza social que seguen a sufrir en pleno século XXI

Ver vídeo da actividade: Rosalía, unha feminista do S. XIX



page | by Dr. Radut