Skip to Content

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.



blog | by Dr. Radut