Skip to Content

Novembro, mes da ciencia

salial

COMO  FUNCIONA  A  LINGUA   DAS   RAS?

Os anfibios teñen un xeito moi orixinal de atrapar ás súas presas. Ciencia plus: "Unha saliva reversible é a arma secreta das ras"

 

-> A lingua das ras  é suave, elástica e flexible.

-> Cando a lingua impacta contra o insecto, a saliva compórtase coma a auga e empápao. 

-> Pero cando a ra tira da lingua cara atrás, a saliva vólvese un fluído viscoso e denso (fluído non-newtoniano), que inmobiliza ao insecto.

-> Cando a lingua volve a entrar na boca  reláxase, e  a saliva volve a ser un fluído acuoso.

EXPLICACIÓN CIENTÍFICA: Líquidos que ás veces se comportan coma sólidos: 

OS FLUÍDOS NON-NEWTONIANOS

No século XVIII Isaac Newton identificou as propiedades dos fluídos: viscosidade, densidade e fluidez que diferencian unhas substancias doutras. A auga e o aire,  por exemplo  teñen unhas propiedades que os identifican e dise que son fluídos newtonianos. Pola contra, a saliva da ra é un fluído non-newtoniano porque as súas propiedades non son constantes, a viscosidade depende da presión.

QUERES COMPROBAR COMO SE COMPORTA UN FLUÍDO NON NEWTONIANO?

Imos a mesturar auga con maicena

Necesitarás:  

Auga e fariña de millo ou maicena, unha relación aprox. dunha parte de auga por 2 de fariña.

Bota 1º a fariña nun bol e vai engadindo a auga, á vez que remexes coas mans.A substancia obtida é un fluído non - newtoniano, que actúa coma un líquido espeso cando está en repouso, pero se o golpeamos vólvese duro cun comportamento similar á saliva da ra, no momento de tirar da lingua cara a boca, inmobiliza á súa presa quedando atrapada.



page | by Dr. Radut