Observación, estudo e clasificación de invertebrados
OBXECTIVO: identificar e clasificar os principais grupos de invertebrados baseándonos nas súas características morfoloxicas. Para iso fixámonos...
- Como é o seu corpo: distínguense tronco e extremidades ou masa visceral, pé, cunchas.
- O Nº de patas que teñen
- Na presenza de ás, como son
- Se teñen antenas, palpos
- Ollos compostos, simples
- Diferentes tipos de aparato bucal: mastigador, picador chupador, chupador con trompa...
Material necesario:
Coleccion de invertebrados
Agulla, pinzasLupas binoculares
Algún invertebrado que traian os alumnos/as (moscas, avespas, escornabois, escarabellos, caracois...)
As observación irán compañadas con debuxos dos invertebrados observados
Nivel educativo: 6º EP
Xa para rematar deseñamos estas preguntas tipo test sobre OS INVERTEBRADOS. Reflexionando e organizando todo o aprendido os alumnos/as formulan as preguntas para comprobar se logramos o noso propósito de aprendizaxe. Os rapaces volven sobre o percorrido e recapitulan sobre o que aprenderon e sobre o que lles falta por aprender.