Skip to Content

Blogues

MENÚ DE SAMAÍN

Invitación para degustar o noso menú especial do samaín

O alumnado de 6º fixo cadanseu cartel de Samaín relacionado co Proxecto Documental Integrado do centro  A Cociñar! 

Con todos os debuxos montamos un gran collage (fai clic na imaxe)

menú de samaín

"ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" A biblioteca escolar ofrece oportunidades de recursos para escribir e escribirnos: Arte que comunica, "alimenta" e arrepía :-#

Como mellorar a nosa escola

A escola é de todas e de todos, seguro que tedes ideas fantásticas para mellorala.

O grupo de 3º contámosvos as nosas propostas para mellorar algúns aspectos do cole. (fai clic na imaxe)

propostas cole

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O luns 3 de outubro darán comezo as actividades extraescolares cos seguintes horarios:

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2022/2023

Na parte inferior adxuntamos ligazón cas listaxes de libros e material para o curso 2022-2023.

FINAL DE CURSO

E rematou outro curso, cheo de protocolos, incertidumes, novidades e o inicio a unha nova normalidade.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa axuda, apoio e comprensión.

Desexamos que disfrutedes dun estupendo verán.

Vémonos á volta!!!

Festa Graduación e fin de curso

PROMOCIÓN 2019-2022, 6º de Infantil.

vivenzas graduados 6º inf

 

 A titora Tere e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos ... MOITA SORTE EN PRIMARIA!

PROMOCIÓN 2013-2022

promoción 2022

orla 6

 

A COCIÑA TEN QUÍMICA

A cociña é todo un laboratorio de ciencias e matemáticas

Estudamos substancias, a súa orixe, propiedades, as mesturas homoxéneas e heteroxéneas, cambios físicos e químicos. Tamén medimos cantidades e cambiamos as proporcións da receita... A actividade rematou coa degustación do produto final ;-)

MasterChef da cociña de 6º EP

química da cociña

LABORATORIO DE ELECTRICIDADE

Acender un led con limóns parece maxia.

Na clase de 5º construímos unha batería eléctrica con limóns, moedas de 5 cent., pinzas crocodilo e parafusos de zinc.

Seguimos experimentando coa electricidade montando circuítos eléctricos en serie e en paralelo. Estas son as imaxes da actividade.

circuitos eléctricos

Educa en dixital

 

Distribuir contido


by Dr. Radut