Skip to Content

Blogues

Piragüismo Dragón

Onte as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar da actividade de Piragüismo Dragón no entorno do Club Náutico de Castrelo de Miño. Xornada organizada polo servizo de deportes e integrada no programa XOGADE.

Unha nova experiencia na que nos familiarizamos e iniciamos nos deportes de auga á vez que traballamos en equipo e nos divertimos.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos.

 

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

FOOTGOLF

Onte as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria foron a experimentar FOOTGOLF ao campo do Pit&Putt Ourense, ubicado no Fonsillón.

Trátase dunha modalidade deportiva que mestura o golf e o fútbol. As normas e o campo son de golf pero xógase cun balón de fútbol embocándoo en ocos grandes de 53cm de diámetro. O encargado da explicación foi Roberto López Nogueiras, xogador seleccionado con España para disputar o Mundial de Orlando 2023.

Unha actividade novidosa e entretida que deu a coñecer ao noso alumnado un novo deporte.

Grazas ao Concello de Ourense por darlle a oportunidade ao noso colexio

DÍA DO LIBRO

Hoxe recuperamos despois de varios anos o "APADRIÑAMENTO LECTOR" no que as e os maiores do colexio lle leron uns contos as nenas e nenos máis pequenos. As lectoras e lectores ocupáronse de ir buscar aos seus pequenos, saír a un recuncho do patio e pasar un rato lendo, imaxinando e intercambiando contos.

Unha actividade ca que se trata de fomentar o gusto pola lectura, a responsabilidade, a integración e inclusión, o respecto, a cooperación, a socializacion, etc.

Campamentos de verán XUNTA DE GALICIA 2023

Acábase de abrir o prazo para a solicitude dos campanetos de verán organizados e xestionados pola XUNTA DE GALICIA.

Estes campamentos están dirixidos a nenas e nenos de 9 anos en adiante.

Premede na imaxe para ver a información.

BANNERWEB

PONTE NO MEU LUGAR

Onte, as alumnas e alumnos de 5º e 6º recibiron a visita de voluntarias de Cogami, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, que traballa pola inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

Baixo o lema "Ponte no meu lugar" reivindican a normalización e a inclusión das persoas con discapacidade no ámbito escolar, o cumprimento efectivo da normativa de accesibilidade e que os dereitos das persoas sexan unha realidade.

Unha actividade moi interesante na que as nenas e nenos aprenderon e participaron de forma activa, experimentando os desprazamentos en cadeira de rodas, tapando os ollos, etc.

 

PREPARANDO O HORTO

Antes de marchar de vacacións as rapazas e rapaces do cole estiveron poñendo a punto o noso pequeno horto. Á volta comezaremos a plantar nos aros libres.

Recordamos que as clases reanudaranse o MARTES DÍA 11 DE ABRIL.

DÍA DA ÁRBORE

As alumnas e alumnos de 3º de Primaria recibiron a visita dos Axentes Medioambientais cos que charlaron sobre o coidado do noso planeta, a prevención e extinción de incendios, plantaron unha árbore e manipularon o seu coche.

Moitas grazas pola visita

Esperámosvos o próximo curso!!!

 

MUSEO ENCAIXADO

O alumnado de 1º de Primaria coa axuda da súa mestra Carmela creou a súa propia galería de arte coa versión de obras moi coñecidas. Todo elo elaborado con material funxible e de refugallo. 

As árbores alimentan en LSE

Poesía en Lingua de signos

O alumnado de 3º signa e recita o poema "As árbores alimentan" en Lingua de Signos, un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.   

As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.

Voces: Alicia, Jimena, Saúl, Rubén, Bryan, David, Bruno e Anna.

Música: O camiño dos paxaros de Magín Blanco. Álbum Camiños

Distribuir contido


by Dr. Radut