Skip to Content

Blogues

Final Comarcal Campo a Través

Onte desenvolveuse a Final Comarcal de Campo a Través no Complexo Deportivo de Monterrei.

Para esta cita o CEIP Vistahermosa contaba con catro clasificados, dos que, finalmente, só puideron aistir dous.

Enzo e Saúl (3º Primaria) foron os nosos representantes que participaron na categoría benxamín masculino. E non o puideron facer mellor. Nunha competición na que asisten os mellores da comarca (a maioría pertencentes a clubes que adestran esta modalidade semanalmente) os nosos campións fixeron unha estupenda carreira, entrando na meta nos postos 10 e 13 e clasificándose para o Campionato Provincial, que se desenvolverá o día 11 de febreiro na Rúa.

Noraboa rapaces!! e moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

NADAL 2022

Datas moi emocionantes para as nosas nenas e nenos que xa levan varias xornadas preparándose para o Nadal:

- Decoración do centro e das aulas

- Realización de postais e videofelicitacións de Nadal dirixidas ás residencias "Divino Maestro" de Ourense e "Campolongo" de Pontevedra.

- Participación no IV Concurso de Tarxetas de Nadal organizado pola ANPA

- Intercambio de bos desexos entre o alumnado, dinamizado polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

- Preparación de bailes e panxoliñas.

- Visita de Papá Noel con agasallos para todas as nenas e nenos.

Moitas grazas a todos e todas os que colaborastes para a realización destas actividades, especialmente a Papá Noel pola súa visita e á ANPA por facelo posible.

 

 

BOAS FESTAS!!!!

 

O claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP VISTAHERMOSA quere desexarvos Boas Festas e un venturoso 2023.

Previa Campo a Través

O pasado xoves 15 de decembro algunhas rapazas e rapaces de 3º, 5º e de Primaria participaron na Fase Previa Escolar de Campo a Través que se desenvolveu en Ourense no Complexo Deportivo de Monterrei.

Unha xornada na que o que primaba era a participación, esforzo e convivencia, xa que á actividade asistiron outros catorce centros educativos da cidade.

Todos e todas as nosas deportistas demostraron ser uns campións tanto dentro coma fóra do circuito.

SAÍDA AUDITORIO 1º E 2º

O alumnado de 1º e 2º de Primaria desprazouse hoxe ata o Auditorio para asistir á representación "SÓ".

Este espectáculo, gañador do Premio do Público Festival Malabharía2020, 2º Premio Panomara Circada 2019, Premio Festival MadnCircus, Premio Zircozaurre, entre outros, fala da constancia no traballo a través dunha personaxe meticulosa, e cuadriculada rodeada de case 100 caixas que só en aparencia son iguais, e coas que vai dando forma aun mundo imaxinario.

Actividade ofertada por Afundación (ABANCA).

Aínda que a mañá estivo pasada por auga as nosas nenas e nenos non deixaron de disfrutar da xornada.

Taller de costura, patronaxe e moda

camisetas conmemorativas 25N

#25N Deseña a túa camiseta

O alumnado de 6º, por equipos de 2/ 3 alumnas/os, deseñaron unha camiseta conmemorativa do 25N,  Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Acordaron un modelo de prenda, tendo en conta se é simétrica ou asimétrica, con mangas sen mangas. Respectando as medidas, escote, sisa, longo, mangas...

As camisetas debían lucir unha palabra significativa en relación a este día, debuxada e recortada con  papel de periódico. 

E crear un  ACRÓSTICO coas letras da palabra escollida.

 

XOGANDO CO ATLETISMO

Hoxe as nenas e nenos de 4º foron á Expourense a disfrutar da actividade XOGANDO CO ATLETISMO, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da ADE As Burgas.

Pero non estiveron sós, tamén participaron os atletas dos colexios de A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Irmáns Villar, Luis Vives, Manuel Sueiro, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo e Virxe de Covadonga.

Unha xornada de convivencia, experimentación, esforzo e diversión, onde practicaron carreiras de relevos, lanzamentos, salto horizontal, salto lateral, carreira de obstáculos, etc

PREME NESTA ÚLTIMA

 

4º CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL ANPA CEIP VISTAHERMOSA

Xa está convocado o tradicional  CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL organizado pola ANPA do colexio.

Como o curso pasado as tarxetas serán elaboradas na clase como actividade de Plástica.

Adxuntamos as bases coa normativa, categorías, premios, data límite e composición do xurado.

 

Carreira de San Martiño 2022.

O pasado domingo desenvolveuse a XLV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO  e por suposto as nenas e nenos do colexio estiveron presentes.

O Concello premiou a todos os participantes cunha medalla.

Aquí están algúns dos nosos campións e campionas, aínda que houbo moitos máis aos que o catarro non lles deixou asisitir.

 

MAGOSTO 2022

Xoves de Magosto no cole:

- Manualidades

- Xogos populares : carreiras de sacos, soga tira, pato ganso, encestar castaña, comba, zancos, chave, bolos, pano e paracaídas.

- Danzas e bailes

- Comida típica: bolos preñados e castañas.

 

Unha mañá repleta de actividades.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut