Skip to Content

Blogues

VIÑETAS DE MELODÍAS

Cómic da canción de Uxía Lambona "Muxía&Roll"

Polas Letras Galegas cantamos e bailamos esta canción. Unha actividade artística na que non podía faltar o debuxo creativo.  Yara de 4º fixo este cómic da vaca Muxía

comic de muxiaroll

Día das Letras Galegas na clase de 4 anos

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas na clase de  4º de infantil, celebrando o Día das Letras e descubrindo a Florencio Delgado Gurriarán.

letras galegas inf

 

FESTA DAS LETRAS

Letras Galegas 2022

"Galicia infinda" é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés, a quen se lle dedica  o día das Letras Galegas. "A súa vida foi unha chea de atrancos pero tamén de alegrías polo seu amor á lingua e á cultura galegas" Primavera das Letras

Fai click nos enlaces interactivos para ver diferentes actuacións e traballos. Cartel realizado polo alumnado de 5º de EP. 

Todo dá o seu froito

Chega o sol, a calor e as rapazas e rapaces de 4º de infantil preparan un refrescante zume con todo o sabor do verán.

da froito

 

Cantamos as coplas

Coplas dos Maios do alumnado de 5º e 6º

 coplas 22

altavozCantamos as Coplas

 

Lectura Bilingüe: castelán-ucraíno

Día do Libro

Sofía, Diana, Ariadna, Sneshana, Saray e Dmytro, entre outro@s, participaron nunha lectura compartida do conto "El lugar más seguro del mundo"/ НАЙБЕЗПЕЧНІШЕ МІСЦЕ НА ЗЕМЛІ: Libro infantil ilustrado ESPAÑOL-UCRANIANO (EDICIÓN BILINGÜE) de PHILIPP WINTERBERG.

  lectura bilingüe

 Maleta viaxeira para a acollida do alumnado desprazado polo conflito en Ucraína.

DÍA DA TERRA

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil levan varias xornadas traballando sobre o coidado do noso planeta, dos animais e da natureza. Todo a través do conto de Sarah Roberts ¡Alquien se ha tragado a Lola!

E hoxe, Día da Terra déixannos un pequeno resumo de todo o feito.

RECUNCHO VERDE

E coa chegada da primavera comezamos co aproveitamento deste pequeno pero incrible espazo.

Areeiro, árbores, horto...

O recuncho verde do CEIP Vistahermosa.

 Álbum de fotos do horto escolar

ACTIVIDADES NO RÍO LONIA

Actividade "Gústame o meu río: ensíname a coidalo"

Promovida pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)

Alumn@s e mestres desprazámonos ata o río para participar nunha clase medioambiental totalmente práctica: Convertémonos en investigadores e investigadoras arredor de 4 mesas de traballo colocadas á beira do río Loña, nas que repasamos o ciclo da auga, a fotosíntese e a evapotranspiración de xeito práctico. Medimos os niveis de PH, Temperatura, Turbiedade e de osíxeno da auga. E recoñecemos pegadas da fauna e macroinvertebrados presentes na auga e nas proximidades.

Estas actividades promoven o contacto co entorno natural e fomentan actitudes respectuosas co medio ambiente e en especial coa auga e cos ecosistemas fluviais.

actividade gústame o río

río Loña

- MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

 

EMERXENCIA, XOGO SIMBÓLICO

En infantil, xogamos a resolver unha emerxencia e asi tamén lle dimos unha utilidade ao noso teléfono que comunica a aula de 4º coa de 5º de infantil. 

Distribuir contido


by Dr. Radut