Os reis magos tamén tiveron a ben deixar sorpresiñas na nosa aula; xoguetiños para compartir, xogar xunt@s e aprender!!!
As caras de sorpresa e ledicia din moito nas nosas crianzas e, que non perdan a ilusión en moito tempo!!!
Algúns dicían: "non teñen nome, como sabemos para quen son?"
Algún respondeu: "porque son para todos"
"Mestra: quen os abre porque solo hai cinco?"
"Vari@s: todos juntos"
"Mestra: non credes que será un pouco difícil?. non sería mellor repartirvos?
Puxéronse en parellas pero algúns quedaban sen agasallo para abrir
Cun pouco de axuda, chegaron á conclusión que facendo grupos de tres sería a mellor opción
Todos e todas gustaronlles os agasallos e xa quixeron xogar con eles para estrealos
E tamén moitas grazas ao Concello de Teo porque obsequiou a cada crianza cunha bolsa de tea, incentivando o coidado do planeta e, con bos desexos para afrontar esta situación de pandemia e un novo ano!!