Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

BENVIDA LÍA

DESPOIS DE CUMPLIR UNHA DURA CORENTENA,  DAMOS A BENVIDA Á NOSA COMPAÑEIRA, QUE XA A BOTABAMOS DE MENOS!!!

 

TAREFAS DIXITAIS

POR PRIMEIRA VEZ, A ENCARGADA DE HOXE QUIXO REALIZAR AS TAREFAS PROPIAS DO INICIO DE XORNADA NA PIZARRA DIXITAL; ESCOLLER O SAÚDO EN TEMPOS DE COVID, PASAR LISTA PARA VER QUEN FALTA, REXISTRAR O Nº DE NENOS E DE NENAS QUE ASISTEN, ANOTAR O SEU NOME E Nº DE LETRAS, REXISTRAR O DÍA E MES, E O TEMPO METEOROLÓXICO, O Nº ANTERIOR E POSTERIOR A DATA, @ ENCARGAD@ DAS TAREFAS DE LIMPEZA E OS ESPECIALISTAS QUE TEMOS NESE DÍA.

E QUE BEN MANEXABA JULIA A PIZARRA; TODA UNHA EXPERTA!!!Sorriso

 

 

 

  

 

COÑECEMOS OS XENERAIS

ESTÁ O ENTROIDO PETANDO NA PORTA, E NOS QUEREMOS APROVEITAR A COÑECER UN POUCO SOBRE A PERSONAXE TÍPICA DO ENTROIDO DE TEO, OS XENERAIS DO ULLA. E DARLLO A COÑECER Á NOSA COMPAÑEIRA QUE NESTE CURSO CHEGOU DENDE BRASIL, E IGUALMENTE APROVEITAREMOS A COÑECER TAMÉN O ENTROIDO NO PAÍS BRASILEIRO.
 
ISTO É O QUE NOS DIN AS NOSAS CRIANZAS:

 

--- QUEN SON OS XENERAIS?

OS QUE VAN EN CABALO E DAN ATRANQUES

 

--- QUE SON ATRANQUES?

- COUSAS QUE SE DICEN E SE PELEXAN 

- COUSAS COMO DE BROMA OU MALAS PERO NON PARA PELEXAR

 

-- COMO FAN OS ATRANQUES?

- ESTÁN ENFRENTE UN DO OUTRO SENTADOS NO CABALO E TEÑEN NA MAN UNHA ESPADA QUE LEVANTAN CANDO DIN O ATRANQUE

 
     SEGUIREMOS INVESTIGANDO SOBRE O ENTROIDO DE TEO E TAMÉN DE BRASIL

DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA

ESTA SEMANA COMEZAMOS UN NOVO MES, E APROVEITAMOS PARA FACER A DESCOMPOSICIÓN NUMÉRICA DA DATA DE CADA DÍA, É DICIR, DO CARDINAL CORRESPONDENTE.

DESTE XEITO, TRABALLAMOS NOCIÓNS MATEMÁTICAS COMO:

- A SUMA

- A INTERIORIZACIÓN DAS DISTINTAS POSIBILIDADES DE CONSEGUIR O MESMO RESULTADO 

- O DOMINIO DAS CANTIDADES QUE REPRESENTAN CADA CARDINAL

- ASOCIACIÓN DA CANTIDADE E CARDINAL

- VAN INTERIORIZANDO A INVERSA DOS SUMANDOS NA OPERACIÓN DA SUMA, POR EXEMPLO: É O MESMO 3+0 QUE 0+3 / 1+4 QUE 4+1 .....

 

 

 

DÍA DA CANDELORIA

O 2 DE FEBREIRO CONMEMORASE O DÍA DA CANDELORIA, TAMÉN COÑECIDA NO ÁMBITO AGRÍCOLA, COMO O DÍA DO CASAMENTO DOS PAXARIÑOS E O NO ÁMBITO CRISTIÁ COMO A FESTA DA LUZ, POIS XA PASARON OS DÍAS DE MOITAS HORAS DE ESCURIDADE, A METADE DO INVERNO. E COMO DI O REFRÁN "CANDO A CANDELORIA CHORA MEDIO INVERNO VAI FÓRA, QUE CHORE OU DEIXE DE CHORAR, MEDIO INVERNO ESTÁ POR PASAR"

NOS CENTRÁMONOS MÁIS NO TEMA DOS PAXARIÑOS E ADICAMOS A XORNADA, A ESCOITAR OS SEUS SONS, A VISIONAR O CORPO DAS AVES E COMPARALO CO CORPO HUMANO, A VER IMAXES DE PAXAROS PARA LOGO DEBUXAR AS NOSAS PROPIAS E ACOMPAÑAR A ACTIVIDADE CO REFRÁN "A PARTIR DA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA" QUE TIÑAMOS QUE ORDENAR 

O TEMPO METEOROLÓXICO DE XANEIRO

AO REMATAR O MES DE XANEIRO, FIXEMOS UNHA RECOLLIDA DOS DATOS REFERENTES AO TEMPO METEOROLÓXICO QUE FIXO NO MES DE XANEIRO, NUNHA REPRESENTACIÓN DE BARRAS E PUIDEMOS COMPROBAR QUE HOUBO MÁIS DÍAS DE CHUVIA

 

A PAZ

Para abordar esta temática da PAZ, partimos da lectura de dous contos que foron o punto de partida para xenerar o diálogo e posta en común, sobre que é a Paz, como se pode contribuír a conseguir Paz, que podemos facer para ser felices e facer felices a outr@s e así vivir en paz,...

  

  Xan é un neno feliz que lles gusta pintar as uñas de moitas cores.

Ata que un día na escola algúns compañeiros se rin del "pintar as uñas

é de nena, Xan é unha nena!!" Aquilo volveuno triste e so pintaba as

uñas na casa para que non o viran. O pais tamén as pintaban para

alegrar a Xan, pero non o conseguían. Chegou o día do seu aniversario

e a Xan lle agardaba unha sorpresa na escola; "toda a aula pintara 

as uñas para darlle os parabéns a Xan. Foi o mellor aniversario!!

 

Isto permitiunos dialogar sobre a importancia de respectar

aos demais, de non xuzgar, de facer as cousas que nos fan

felices sen medo ao que nos digan os demais,... 

 Antes de ler o conto, tan solo dicindo o título algún comentou que as uñas solo as pintaban as nenas, sen embargo, despois da lectura do conto, todos e todas querían pintar as uñas. Algún dicía que se ía defender se alguén lle comentaba algo por levar as uñas pintadas, outros dicían que esconderían as mans,... ; unha mistura de sentimentos por mor de prexuizos que se lle transmiten ás crianzas dende pequen@s: deixemos que sexan felices!!

 

  

 As ilustracións de Carme Solé dan vida aos dilemas que

plantexa o texto de Marie- Agnés Gaudrat arredor da felicidade.

Un libro sobre valores esenciais, que fai pensar e incita ao

diálogo coas crianzas.

Por ex:

-“que nos hace felices? disfrazarnos de lo que no somos? o ser

simplemente como somos?”

-“que nos hace felices? Ser mejor que los demás?

O colaborar con los demás?” 

 Previamente á lectura, cada un/unha expresou o que lle facía feliz:

 

- Creamos o símbolo da Paz con diferentes elementos: creatividade en acción!!

  

  

    

   

 

MURAL FINAL

 

 

QUE SABEMOS?

Demos inicio ao proxecto do CORPO HUMANO, anotando as nosas ideas previas sobre o tema, dando resposta á pregunta QUE SABEMOS?

É moita a información que teñen, aínda que logo teremos que informarnos se é certa ou non e asentar os coñecementos, modificalos e asimilar outros novos

QUE CANTIDADE INDICA O DADO?

A proposta relacionada coas mates, consistía en facer grupos de elementos segundo a cantidade indicada polo dado en cada tirada.

Algunha crianza deuse conta que, se antes tiña 6, e agora debía representar  5, solo hai que quitarlle un elemento, mentres os demais volvían contar dende 0. Despois de comentar esta técnica, algúns deles/delas, xa contaban os que lle facían falta ou que lle sobraban nas tiradas seguintes!! --- situacións que permiten aprender dos demais e mediante a manipulación!!!

 

 

 

 

COMPOÑENDO A SERIE NUMÉRICA

Nesta proposta de mates, tratabase de ir  identificando a orde dos números ata 10, a medida que ían representando coa cantidade correspondente con tapóns, e ao mesmo tempo tomando conciencia de que cada número supón sumar un máis ao número anterior

E tamén aproveitamos para falar de números pares e impares e que signiffican estes conceptos

 

     

 

 

Nesta ocasión, tratábase de ordenar a serie ata 10; cada un/unha tiña unha tarxeta coa representación dun número sobre o ábaco, logo íanse indicando números desordenados e tiñan que colocarse na serie poñendo atención no lugar que debía colocarse (antes do 6, despois do 4, entre o 7 e o 9,...). Moi ben!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut