Skip to Content

Blogue de Laura

VIAXAMOS

COMEZAMOS A SEMANA INTENTANDO RESOLVER UN MISTERIO...

  

ERA ROCKY! PODEDES LER A CARTA QUE NOS DEIXOU:

VOGAIS ESPECIAIS

A, U, E, O, I... COÑÉCELAS TI?

  

                        

A BOLSA MISTERIOSA

NA SESIÓN DE LÓXICA - MATEMÁTICA XOGAMOS COA BOLSA MISTERIOSA. UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA E COMPLICADA; TIÑAMOS QUE GUIARNOS POLO SENTIDO DO TACTO E CONSEGUIR SACAR FORMAS XEOMÉTRICAS IGUAIS COAS DÚAS MANS Á VEZ.

 

PROXECTO DAS VIAXES

ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA SORPRESA! ROCKY, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA, DEIXOUNOS UNHA CARTA E UN LIBRO DE AGASALLO. ESTÁ A VIAXAR POLO MUNDO! ASÍ QUE COMEZAMOS A FALAR DO QUE SABIAMOS SOBRE O TEMA DAS VIAXES E O QUE NOS GUSTARÍA SABER. ISTO LEVOUNOS A CONVERSAR SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE... AQUÍ TEDES PARTE DA CONVERSA (CLICADE NO FICHEIRO ADXUNTO PARA ESCOITALA).

 

   



Guardar

NÚMEROS DIVERTIDOS

NESTA SESIÓN DE LÓXICA MATEMÁTICA TRABALLAMOS OS NÚMEROS 1, 2, 3, 4 E 5. ASOCIAMOS A CANTIDADE DE OBXECTOS COA GRAFÍA NUMÉRICA QUE LLE CORRESPONDÍA. DESPOIS, REALIZAMOS EQUIVALENCIAS COAS CERAS QUE USAMOS NA AULA.

       

             

Guardar

PULSEIRAS MATEMÁTICAS

TRABALLAMOS A SERIE NUMÉRICA E A CANTIDADE ELABORANDO UNHAS FERMOSAS PULSEIRAS. TAMÉN EXERCITAMOS A NOSA PSICOMOTRICIDADE FINA XA QUE SER ARTESÁNS NON É NADA SINXELO!

 

 

 

 

 

                   

ENVIAMOS A POSTAL DE NADAL ÁS FAMILIAS

PREPARAMOS UNHA  SORPRESA ÁS FAMILIAS: ELABORAMOS A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL. ROSANA, A CARTEIRA DA RAMALLOSA, VISITOUNOS PARA RECOLLER OS SOBRES E ENVIAR AS NOSAS POSTAIS. MOITAS GRAZAS POR AXUDARNOS!

"O APALPADOR E O LADRÓN DE XOGUETES"

O VENRES GOZAMOS COA OBRA DE TÍTERES: "O APALPADOR E O  LADRÓN DE XOGUETES".

SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS, CLICADE NA IMAXE

 

DECORAMOS A PORTA DE NADAL

ESTAMOS A DECORAR A NOSA PORTA PARA O NADAL!


MASA DE SAL

 

FARIÑA, AUGA, SAL E TÉMPERA SON OS INGREDIENTES PARA FACER MASA DE SAL. CON ELA ELABORAMOS ADORNOS PARA AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut