Skip to Content

Actividades, Proxecto, Letras Galegas, Escritores, Recursos

IV Concurso escolar Xornal La Región

O alumnado de 6º curso participou no IV Concurso Xornal escolar de La Región, do cal foron gañadores o cursos pasado.

Ao longo do primeiro e segundo trimestre, o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado de sexto.

Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"...

Esperamos que o noso sexa un deles!!!

 

Cancodrilo na horta

O 26 de xaneiro, na sala de usos múltiples do noso cole, tivemos o privilexio de contar coa presenza da contacontos ourensá Sabela que encandilou ao alumnado coa posta en escena de dous contos da colección "Cancodrilo" de Xabier López e ilustrados por Javier Rey e Silvia González.

Coas aventuras de "Cancodrilo", metade home e metade crocodilo, na horta e pintando, traballamos  valores, coma o respecto e a amizade, engatusados polos poderes máxicos de Sabela.

Sobra dicir que o pasamos xenial, como ben reflicten as imaxes da Galería.

 

Letras Galegas 2016

Galería de imaxes

Este ano as Letras Galegas rendiron homenaxe ao lugués Manuel María Fernández Teixeiro.

Ao longo do mes de maio o alumnado do noso centro traballou cos recursos recopilados polo EDL. Asemade, ao longo da semana das Letras galegas realizamos unha Caza do Tesouro cos cartaces do CEIP de ... no que gran cntidade de alumnos e alumnos foron quen de atopar as rspostas a todas as preguntas prantexadas.

O 18 de maio realizamos un recital de poesia na biblioteca do centro no que participaron todos os cursos coas seguintes poesías: (se premedes na ligazón veredes o vídeo da actuación).

Para rematar o alumnado de segundo e cuarto presentaron os seguintes vídeos con poemas rapeados de Manuel María:

O ARCO DA VELLA

GALICIA

GALERÍA DE IMAXES

O arco da vella

Poema de Manuel María rapeado polo alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria.

Construíndo un xornal

Xornal escolarTraballar coa prensa na escola supón unha serie de obxectivos, entre os que destacamos:

  • Fomento do espíritu crítico do alumnado.
  • Descubrir a diversidade de medios de comunicación aos que temos acceso cun só "clic".
  • Acostumarse a contrastar e comparar informacións.
  • Ser quen de crear un proipio xornal de aula ou centro.

III Concurso xornal escolar de La Región

O alumnado de 5º curso participou no III Concurso Xornal escolar de La Región.

Ao longo do primeiro e segundo trimestre o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado do cole.

Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"...

Esperamos que o noso sexa un deles!!!


 

Tonecho de Rebordechao

Galería de imaxes

Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao".

Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to dos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

O desenvolvemento do concurso foi moi igualado ata o final do mesmo, debido ao amplo coñecemento que os lectores tiñan da obra. Ao final, os gañadores resultaron ser a parella formada or Uxía e Ivan que recibiron como agasallo un exemplar da obra de An Alfalla "O fío vermello" que se traballara na Hora de ler ao longo das próximas semanas.

Tonecho de Rebordechao

GALERÍA DE IMAXES

Nadal 2015

Galería de imaxes

O último día de clase deste primeiro trimestre fixemos entrega dos seguintes premios e diplomas na biblioteca do colexio.

  • Entrega de diploma aos mellores lectores do trimestre.
  • Entrega de diploma de a todo o alumnado participante no concurso de postais que organizou o EDL do centro.
  • Entrega de diplomas aos premiados no II concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio de Economistas.
  • Como remate a esta sesión de recoñecementos fixemos un sorteo do material achegado pola Unión Deportiva Ourensena nas xornada deportiva que organizaron no noso centro no mes de decembro.

Asemade, realizamos unha sesión fotográfica de todo o alumnado ante ostraballos de Nadal que elaboramos ao longo do mes de decembro. Dito reportaxe foi publicado no Especial de Nadal do Xornal Escolar de La Región.

Na seguinte galería podedes atopar todas as imaxes desta actividade.

Galería de imaxes

Lenda do corvo e o gavilán

Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán

 

Lenda do corvo e o gavilánFai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas.

Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El  pintou a súa plumaxe de marrón.

Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas...

Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas.

O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo.

Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso.


RECURSOS EDUCATIVOS


  • Lenda en pdf
  • Versión sonora interpretada polo alumnado de cuarto.

 

Celebración do magosto 2015

Celebración do magosto

Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto.

O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. 

Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas.

Pasámolo xenial!!

Galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut