Skip to Content

Manuel María Fernández Teixeiro (2016)

Manuel MaríaManuel  María  Fernández Teixeiro  naceu  o  6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na Terra Chá, en Lugo.

Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. Seu pai chegou a ser alcalde de Outeiro.Comezou os estudos primarios na escola de Outeiro de Rei, en plena Guerra Civil, e despois preparou o ingreso ao instituto nunha academia de Rábade, onde o mestre aproveitaba as tardes dos sábados para lerlles aos seus alumnos e alumnas libros en galego.

O bacharelato realizouno en Lugo onde publicou  o  seu  primeiro  libro «Muiñeiro  de  brétemas».

Casou con Saleta e foron vivir a Monforte de Lemos onde Manuel exerceu a profesión de Procurador dos Tribunais. Nesta vila tivo unha extraordinaria actividade cultural e política: traballou na emisora local, deu unha chea de conferencias, abriu a libraría Xistral e a editorial do mesmo nome, especializada  en  libros  en  galego, escribiu  unha enorme cantidade de libros, participou en moitos movementos sociais e políticos... sendo o poeta galego máis musicado de todos os tempos.

Ingresou na Real Academia Galega en 2003.

Manuel María falece o 8 de setembro de 2004 na Coruña. Despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galiza

Polo seu labor a prol da lingua e a cultura galega se lle adica o Día das Letras deste ano 2016.

 

(Texto elaborado polo Seminario Galán)



book | by Dr. Radut