Skip to Content

Actividades, Proxecto, Letras Galegas, Escritores, Recursos

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Radio Sueiro

Galeria

O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio, ao longo do mes de maio, con motivo das Letras Galegas. Nel tiveron o previlexio de entrevistar a Carlos Casares, escritor ourensán homenaxeado este ano.

Os meteorólogos do Sueiro facilitaron os datos da súa estación metereolóxica para dar as novas do tempo no programa.

Na seguinte ligazón tedes acceso ao podcast integro do programa:

Gamificando a Carlos Casares

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares.

Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado.

Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación.

Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10.

Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula.

Producións da biblioteca no curso 2016/2017

Nas seguintes ligazóns poderedes acceder ás principais producións que realizamos desde a biblioteca escolar no curso 2016/2017:

Pescudando sobre Carlos Casares

Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".

Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén  facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.

A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.

Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.

XXII encontros de teatro escolar de Bande

O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila.

Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito.

Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas.

 

Homenaxe a Carlos Casares

O alumnado de sexto curso participou no homenaxe a Carlos Casares, que organizou a Concellería de Cultura do Concello de Ourense, o 15 de maio na Praza de San Martiño.

Durante o acto, o alumnado dos centros presentes deu lectura a diversos contos do autor. Como actividade central participamos nunha versión didáctica do conto da "Galiña azul" que encandilou ao público presente.

Como remate do acto, entonamos o Himno galego coa axuda de membros da Escola de música do Concello. 

Día da árbore

Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense.

Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros.

O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos.

Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios.

 Himno de Ourense

Día da Poesía 2017

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no noso cole, cun poemario, onde as linguas e a chegada da primavera tiveron un gran protagonismo.

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles os vídeos das diferentes actuacións:

Se premedes na seguinte imaxe accederedes á gañlería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut