Durante o mes de outubro o Equipo de Normalización Linguística, en colaboración co Equipo de Biblioteca, estivo recollendo lendas, refráns e ditos populares que o alumnado compilou coa colaboración das súas familias.
Cos traballos presentados realizamos unha exposición nos corredores do primeiro andar do colexio para que toda a comunidade educativa a poida observar.
O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler"o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático".
Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación.
Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado...
Como vén sendo habitual, o noso colexio participou un ano máis nos "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande. O alumnado de 4º interpretou estupendamente unha obra de teatro inédita chamada: "Unha raíña diferente". Se queres disfrutar coa súa actuación debes entrar no blogue da nosa biblioteca. Clica na foto:
O noso lema para este día foi "Érase unha vez... o libro".
Como indica o título viaxamos ao pasado para coñecer as orixes do libro e fixemos un percorrido pola súa evolución ata chegar aos nosos días co moderno libro electrónico.
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria acudiu ao Auditorio, dentro das actividades para escolares do 18º Festival de Cine, a unha xornada didáctica na que se ensinou aos alumnos e alumnas o proceso de realización dunha película en stop-motion coa mostra do making of e a proxección da película "O Apóstolo" dirixida por Fernando Cortizo que estivo presente nesta actividade.
Sinopse da película: un preso que acaba de fuxir do cárcere tentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.
O día 8 de novembro celebrouse o magosto no noso colexio, o CEIP Manuel Sueiro.
Seguindo coa tradición, comemos uns bolos preñados que estaban moi ricos.
A continuación, gardamos cola para probar a bica que tamén estaba moi sabrosa e... enchémonos de castañas!
Xa coa barriga ben chea, participamos nuns xogos que nos prepararon os mestres/as.
O centro agradece á empresa de cátering que leva o servizo de comedor os bolos preñados e a bica - que degustamos todos- non só os usuarios habituais de comedor.
Así mesmo dar as grazas á ANPA que participou activamente no magosto e que achegou as castañas asadas.
O venres, 8 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Como marca a tradición xuntarémonos todos no patio e degustaremos uns bolos preñados, unha rica bica e como non: moitas castañas. Pasarémolo moi ben porque para amenizar a xornada haberá xogos populares. Nuns días poderedes ver na galería de fotos como transcurriu a xornada.
O noso ENTROIDO 2013, estivo vinculado ao PDI que traballamos neste curso dende a BIBLIOTECA do Centro: "HÁBITOS SAUDABLES".
Así pois acompañáronnos unhas riquísimas FRESAS E FRESÓNS, (recién chegadas de Palos de Moguer-Huelva) da man dos máis cativos (EI). Con elas fixeron uns postres exquisitos os nosos COCIÑEIROS procedentes da escola de hostelería creada no 1º ciclo de primaria a bordo do noso barco "SUEIRIÑO II", que navegando polo mar da SAÚDE, atopáronse cuns intrépidos PIRATAS (2º CICLO), que ademais dun fermoso cofre repleto de tesouros saudables, loitaron ferozmente conespadas-cepillos dentes:Á ABORDAXE AMIGOS!!.
Cunha gran variedade de FROITAS FRESCAS (5ºP) enchéronse as bodegas do barco: uvas, laranxas, plátanos, melóns, sandías, peras...
Por último, un nutrido grupo de DEPORTISTAS, que tamén formaban parte da tripulación, invitaron á práctica do EXERCICIO FÍSICO a todos os integrantes do navío: FROITAS, COCIÑEIROS E PIRATAS.
DISFRUTADE CON ESTA MOSTRA GRÁFICA DA NOSA POSTA EN ESCENA
Os neno/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, fixemos un percorrido detallado polo castro de SANTOMÉ. Vimos como eran as casas dos antigos celtas, e, puidémoslas comparar cunha vivenda romana, situada no mesmo enclave. QUE AVANZADOS OS ROMANOS!!. O seu sistema de calefacción deixounos abraiados. Ainda que o lugar era moi escarpado, pasámolo en grande.
Como é costume nestas datas, celebramos no cole a tradicional FESTA DO MAGOSTO. Houbo unha gran FOGATA na que se asaron as CASTAÑAS. Tamén comemos BOLOS PREÑADOS, que deixaron pegadas vermellas nas nosas roupas.
Gustounos moito pintarnos uns a outros cos carbóns, así quedamos irrecoñecibles. Que divertido!!.
Tamén houbo no polideportivo un CIRCUITO DE XOGOS TRADICIONAIS, no que participaron todos os cursos. A continuación deleitádevos coas fotos do momento. As imaxes falan por si solas.
GRACIAS NENOS/AS POLA VOSA LEDICIA E PARTICIPACIÓN!!.
GRACIAS A TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES QUE PARTICIPOU NA PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO ACTO!