Skip to Content

Actividades, Proxecto, Letras Galegas, Escritores, Recursos

A nosa lingua, a nosa fala

Celebración das Letras Galegas 2023

Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro:

  • Compilación de materiais para empregar no aula polo alumnado.
  • Realización dun vídeo sobre a nosa lingua.
  • Kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía.
  • Actividade de percusión.
  • Baile da Muiñeira de Chantada.
  • Diversas actividades de aula.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.

Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.

Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

Recollido do Seminario Galán

8 de marco: Día da Muller

O 8 de marzo de 2023 conmemoramos o Día da Muller no noso centro coa realización de diversas actividades:

  • Exposición na biblioteca dos fondos relacionados coa temática.

G

  • Realización de marcapáxinas para o Día da Muller.

  • Relatorio do alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed, Primaria sobre mulleres que destacaron ao largo da historia en diversos campos.

  • Contacontos "O país dos mandóns" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, realizado polo alumnado de 6º de Ed. Primaria coa colaboración dos de 1º e 2º de EP.

  • Coreografía da canción "Ella" de Bebe

Volcán Explosivo

Experimento realizado polo alumnado de 4º de EP primaria na semana da ciencia.

 

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Producións da biblioteca no curso 2021/2022

Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=158

Ligazóns a traballos elaborados na rede:

Drupal.

MOODLE.

Cursos creados:

Outros cursos actualizados en moodle neste Seminario:

Blogs do cole

Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.

Presentacións en Genially

 Google maps:

Kahoot!:

Galería de imaxes

Soundcloud:

Vídeo

Actualizamos os repositorios de recursos educativos:

 

Exposición Letras Galegas

Comezamos coa celebración do día das Letras Galegas cunha exposición de fondos documentais en galego cos que poderá desfrutar a nosa comundade educativa.

Animádevos a visitarnos e a viaxar coa nosa lingua!.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022)

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

Recuperado do Seminario Galán


RECURSOS EDUCATIVOS


Creando neve artificial

Os nenos e nenas de 1º como estábamos estudando os Polos da Terra creamos neve artificial.

Para realizaro Polo Norte empregamos bicarbonato sódico e un pouco de auga. Para o Polo Sur usamos cueiros de bebé aos que lle quitamos o polímero que teñen dentro e o mesturamos con auga.

Para completar o experimento, fixemos con pasta de modelar algúns dos  animais que habitan nestas zonas da Terra.

Distribuir contido


by Dr. Radut