Skip to Content

6º Curso

Visita ao Concello

O 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria visitou o Concello de Ourense para coñecer o funcionamento desta institución municipal.

Membros do servizo de protocolo ensináronnos o Salón de plenos onde se reunen os concelleiros e concelleiras de Ourense para gobernar o noso municipio e ocupamos as cadeiras que eles empregan nos plenos.

Aprendimos como se forma a mesa presidencial e como é elixido o Alcalde. Asemade. descubrimos o significado dos escudos de España, Galicia e Ourense.

O Alcalde, nun momento da actividade, pasou a saudarnos e a ofreceuse para que lle demandáramos aquelas necesidades que urxe atender no noso centro... nós así o faremos.

 

Plan director. "Acoso escolar"

O 31 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu unha charla formativa sobre o acoso escolar nos centros educativos. O relatorio foi realizado por unha policia da cidade de Ourense.

Un dos obxectivos principais desta actividade é contribuír a formar ao alumnado no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como conciencialos sobre a necesidade de erradicar as condutas violentas do ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas prol-activas no rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos de que dispón a sociedade para axudarlles.

Vídeo sobre o acoso escolar.

Visita ao IES As Lagoas

O 28 de xaneiro, o alumnado de sexto curso realizou unha visita de portas abertas ao IES das Lagoas que organizou o seu Director, D. Carlos Varela, para que se fosen familiarizando co centro que previsiblemente os acollerá a partir de setembro deste ano.

Fixemos un percorrido por diversas instalacións do centro: biblioteca; aulas, ximnasio, patios... e asemade, tivemos ocasión de preguntarlle ao alumnado de primeiro da ESO sobre aqueles aspectos que tiñamos dúbidas. Eles, amablemente, nos comentaron como foron os primeiros días de adaptación ao centro e nos adiantaron información sobre a dificultade coa que nos imos atopar á hora de estudar.

A xornada resultou moi proveitosa xa que resolvéronsenos moitos dos temores que tiñamos en mente e que nos estaban quitando o sono. Por outra banda, compartimos esta experiencia cos nosos futuros compañeiros do CEIP As Mercedes.

Xa estamos desexando que chegue setembro, aínda que imos botar de menos o noso querido cole do Manuel Sueiro.

Mamá, quero ser Ziggy Stardust

MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST

Hoxe que conmemoramos o día da paz e non violencia, tod@s nós acompañamos na súa viaxe polo seu universo a AINE, a protagonista do libro, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, agasallo da concellería de educación de Ourense.

Con este sinxelo acto queremos alzar a voz polo dereito ás diferenzas, a ser como cada un queira ser, a mirar aos outros sen prexuízos.

Porque tod@s levamos dentro un chisco dese home das estrelas que mira ao mundo crendo que merece a pena coñecernos e respectarnos os uns aos outros tal e como somos.

Queremos agradecer a Abraham Caride, un artista fóra do circuito convencional, que nos permitise visitar o seu espazo de arte e compartir con nós as súas obras sobre David Bowie e algunas das súas experiencias.

E como recoñecemento a tod@s @s Ziggy Stardust que só piden un espazo para ser eles mesm@s …

“ There´s a starman waiting in the sky … ”

Obradoiro de Igualdade e interculturalidade

O 16 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de igualdade de xénero e interculturalidade que desenvolveu a Asociación Xarela na biblioteca do noso centro.

 

Xornadas de rugby

No mes de novembro, na área de Ed. Física, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria disfrutou de dúas xornadas de rugby desenvolvidas por membros do Club Ourense Rugby que realiza as súas actividades deportivas nas instalacións do Campus da Universidade de Ourense. 

Galería de imaxes

Visita de Leanne Rivera á nosa biblioteca

O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.

O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:

Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.

Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.

Viaxe a Marcelle

O 6 de xuño realizamos a última saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!

Debuxos do alumnado de Ed. Infantil

Hora de ler de 6º de Ed. Primaria

Na aula de sexto curso, mediante unha metodoloxía participativa,  leváronse a cabo as seguintes actividades, varias das cales xa se iniciaran no curso anterior.

  • Cada alumno elixiu dous libros ao longo do curso para a súa lectura colectiva, realizándose un coloquio-debate ao remate de cada un dos libros. Tamén fíxose un resumo escrito do mesmo nos casos nos que non deu tempo a elaborar o coloquio-debate.
  • Para identificar os elementos dunha ficha e coñecer o uso dos buscadores de internet, cada alumno elixiu un libro e realizou a correspondente ficha bibliográfica no seu caderno, xunto coas súas pescudas en internet.
  • Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao longo do curso.



Hora de ler en 5º de Ed. Primaria

O traballo comezou a mediados do mes de setembro seleccionado os libros nos que o tema central é “O traballo en equipo” “A amizade” “As relacións persoais” “Superación de dificultades”. Os libros seleccionados para todo o curso escolar son os seguintes:

  • “Que vienen los dinosaurios”.
  •  “Insu-Pu: la isla de los niños perdidos“.
  • “Sito Kesito y su robot gigantesco”.
  • “Detective en chanclas”.
  • “El club de los raros”.
  • “El libro de Hanna”.
  • “Donde nace el sol”.
  • “Siete reporteros y un periódico”.

Ademais de estes libros, é importante destacar a lectura das seguintes páxinas de internet que nos axudaron a traballar en equipo e que as relacións na aula fosen mellor.

1º TRIMESTRE:


Os libros seleccionados foron os seguintes:

  • “Detective en chanclas”.
  • “Siete reporteros y un periódico”.
  • “El club de los raros”.

A partir do inicio da lectura do libro “Siete reporteros y un periódico” permitiunos centrar a actividade que se ían realizar durante o mes de outubro, neste caso a visita o día  6 de outubro da autora Irma Ruth del Ángel. Desta forma o alumando de 5º de Educación Primaria non só exerceron de entrevistadores coa autora, senón que tamén organizaron e deseñaron 4 paneis nos que se relataba a vida e obra de Irma Ruth del Ángel.

O segundo dos libros “Detective en chanclas” e “El club de los raros” permite centrar a actividade realizada na 3º semana do mes de novembro a cal consistía en identificar e coñecer as necesidades dos nosos compañeiros/as do CEIP Manuel Sueiro. Na hora de ler nos permitiu establecer cales eran os indicadores para poder saber o que buscábamos sendo bos detectives.

2 º TRIMESTRE:


Neste trimestre centrámonos nos seguintes dous libros:

  • “Que vienen los dinosaurios”.
  • “Sito Kesito y su robot gigantesco”.

Ademais de estes libros, é importante destacar que neste segundo trimestre o interese do alumnado nos xogos de mesa, sobre todo cando remataban as tarefas de aula o cal tiven que reorientar a hora de ler buscando as seguintes páxinas que lle serviron para fomentar o traballo en equipo e colaborativo. O primeiro polo que se interesaron foi polo parchís e logo polas damas. As páxinas web traballadas son as seguintes:

A partir do inicio da lectura do libro “Sito Kesito y su robot gigantesco” permitiunos centrar a actividade e a decisión da máscara do Entroido que se ía a celebrar o 9 de febreiro, neste caso, a decisión final foi a de ir disfrazados de minions.

3º TRIMESTRE:


No terceiro trimestre a lectura centrouse nos seguintes dous libros:

  • “El libro de Hanna”.
  • “Donde nace el sol”.

Ademais de estes libros, é importante destacar o interese polos xogos de mesa que permitía alcanzar un dos obxectivos prioritarios do PDI: O traballo en equipo fomentando a relacións persoais e a comunicación. A lectura neste trimestre centrouse nas seguintes páxinas de internet que nos axudaron a traballar en equipo e que as relacións na aula fosen mellor.

As actividades realizadas no terceiro trimestre céntranse no libro lido no primeiro trimestre “Siete reporteros y un periódico” o cal segue permitíndonos centrar as diversas actividades que se ían realizar durante este terceiro trimestre, neste caso: 

O desenvolvemento das actividades ao longo do curso tivo aspectos positivos e negativos xa que a xestión de traballos en equipo implica que a motivación, establecer obxectivos comúns e o entendemento entres os diferentes membros dos equipos son complexas. 

Como aspectos positivos, o aumento das relacións entre o alumnado establecido a través da lectura, non so dos libros senón tamén a través das páxinas webs que permitiron coñecer cales son las regras dos diferentes xogos de mesa: parchís, damas, xadrez e dominó.

Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

Distribuir contido


by Dr. Radut