Skip to Content

PVAD-Xogade

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Acrosport

Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro practicamos na nova sala de psicomotricidade o deporte de acrosport que consiste nun deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios están integrados tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides do corpo.
  • Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  • Música que admita a combinación coreográfica dos elementos anteriores.

Tamén podemos definilo como un deporte de cooperación, onde existe a presenza de compañeiros que sincronizan as súas accións motoras nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.

Na seguinte galería podedes observar parte do noso traballo.

Xogos populares 2020 da fundación Xaquín Lorenzo

O 30 de xaneiro, o alumnado 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro ao longo de toda a xornada lectiva.

Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, foron a billarda, os bolos, a birolla. O resto do alumnado participou nunha sesión de xogos de interior que se desenvolveron na aula nova de psicomotricidade: xogos de tabas e ritmo e tamén realizaron varios “enredos” e xoguetes musicais como os que empregaban os nosos avós e avoas nas súas aldeas cando eran cativos.

Coma sempre, pasámolo xenial!!

Pupas, sustos e outros disgustos

O 27 de xaneiro un equipo de profesionais de enfermaría pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, conscientes da importancia de que nenos e nenas adquiran nocións básicas de primeiros auxilios para saber actuar ante pequenos problemas do día a día e en situacións máis complexas, levan a cabo un proxecto de primeiros auxilios para alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria, seguindo as recomendacións da Organización Mundial de Health (OMS), que recoñece a necesidade de difundir este coñecemento, sensibilizando á sociedade sobre o inicio deste tipo de educación antes dos 12 anos (campaña Kids Save Lifes).

O proxecto consistiu na realización dun obradoiro maioritariamente práctico a través do que aprenderon de forma lúdica mediante o xogo e a colaboración. Descubriron e practicaron como actuar en determinadas situacións que poidan afectar a súa saúde e a das persoas que os rodean, sendo quen de actuar ante pequeños problemas do día a día (feridas, queimaduras....) e ante situacións máis complexas.

Para avaliar o grao de coñecemento básico dos participantes en primeiros auxilios, a eficacia do taller e detectar posibles puntos de mellora, o equipo que impartiu o taller levou a cabo un proxecto de investigación vinculado á actividade. Para iso, antes de realizar o taller, completaron un pequeno cuestionario anónimo de 5 preguntas relacionadas co contido a tratar. Ao finalizar, repetiron esta mesma proba e avaliaron a súa satisfacción coa actividade. 

O grado de satisfacción foi moi alto en todo o alumnado e profesorado… esperando e desexando repetir a experiencia nun futuro próximo.

Competición de Campo a través decembro 2019

O 11 de decembro participamos na fase comarcal da competición de Campo a través que tivo lugar nas instalacións do complexo deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.

Foi unha xornada festivo deportiva de convivencia con outros centros educativos da zona de Ourense na que, ademais de realizar exercicio físico, puidemos disfrutar dun fantástico entorno natural ao tempo que traballamos valores como o compañeirismo, amizade, respecto, xogo limpo...

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos nesta xornada.


 ENTREGA DE MEDALLAS E CLASIFICACIÓNS


 

Xadrez: aprender a aprender

Desde a Concellería de Educación en colaboración coa Escola Xadrez – Club Liceo Academia Postal,  presentouse no noso centro un programa de xadrez, orientando as bases para socializar aos nenos e nenas e crear  vínculos de comunicación e amizade.

Este programa ten a seguridade dun futuro para o alumnado participante, que lles axudará a desenvolverse e mellorar  o seu rendemento escolar, como a súa mellor arma pedagóxica para aprender a aprender toda a súa vida.

Está previsto que esta actividade se desenvolva de 16:00 a 18:00 dous días pola semana (martes e mércores) na biblioteca do noso centro.

Novo recanto de xogos tradicionais

Nas instalacións exteriores do cole, contamos cun novo recanto de xogos tradicionais que xa practicaban, cando eran cativos, os nosos pais e nais, e incluso os avós e as avoas...

Contamos con truco, tres en raia, carreteras para bolas e un "twister". Nos momentos de lecer, cando non chove, é un dos nosos lugares favoritos do cole. Aínda que tamén os realizamos nas horas de Ed. Física, xa que cando se fala de xogos tradicionais, referímonos a aqueles xogos que durante moito tempo seguen sen perder a súa esencia, pasando de xeración en xeración, transmitíndose de avós a pais e de pais a fillos, etc. Son xogos que non están escritos en ningún libro especial nin se poden mercar en ningunha tenda de xoguetes (talvez só algúns elementos). A través deles, podemos transmitir ao noso alumnado características, valores, formas de vida, tradicións ... Podemos estudar e amosar as diferentes variantes que ten un mesmo xogo segundo a cultura e a rexión na que se xoga.

As posibilidades que ofrecen os xogos tradicionais son múltiples. En primeiro lugar, o xogo tradicional transmite o valor para o inmaterial, polo pracer natural de xogar, a educación non consumista. Podemos xogar sen nada ou con catro cousas sinxelas.

Nun momento no que a enxeñaría e a industria do entretemento están de moda, nos contrapoñemos á alternativa de renacemento do popular e tradicional xogo. En defiitiva, son xogos no que os nenos están en contacto directo, comunícanse, socializan, falan ...

Distribuir contido


by Dr. Radut