Skip to Content

PVAD-Xogade

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Milla diaria o curso 20222023

No curso escolar 2022/2023 e dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), co que pretendemos abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado, estamos a desenvolver a modalidade da “Milla diaria” coa que perseguimos traballar os seguintes obxectivos:

  • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
  • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
  • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
  • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

Como actividade central, todos os días, despois da segunda hora lectiva de clase, todo o alumnado do centro dá dúas voltas a un circuíto realizado no patio. O alumnado de E. Infantil, realiza aproximadamente media milla e o de Ed. Primaria unha milla.

Educocio

Dende o mes de abril de 2023 a Concellería de Educación do Concello de Ourense puxo en funcionamento o programa Educocio na que o alumnado do CEIP Plurilingüe goza de balde da posibilidade da realización de actividades lúdico didácticas e deportivas todos os luns en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Piragüismo-Dragóns

O día 3 de maio participamos, xunto co CEIP de Vstahermosa e da Inmaculada, na actividade de Piragüismo-dragóns que organizou a secretaría xeral para o deporte de Ourense nas instalacións do complexo náutico deportivo de Castrelos.

A actividade supuxo un primer acercamento do alumnado ao deporte do piragüismo dun xeito ludico. Una vez recibidos os coñecementos teóricos sobre este deorte realizamos unha pequena regata nas instalacións de Castrelo de miño.

Acrosport 2022/2023

Como tódolos anos, nos niveis de 3º e 4º de educación primaria, dende a área de educación física, comezamos a práctica de ACROSPORT, deporte que combina acrobacia e coreografía. 

Ao alumnado encántalle e os resultados son moi vistosos como poderedes observar nas seguintes imaxes.

Disfrutádeo!

Obradoiro de primeiros auxilios

O 8 de marzo realizamos un obradoio de primeiros auxilios dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Esta actividade constou dunha parte teórica e outra práctica, na que todo o alumnado participou activamente na simulación de diferentes siituacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso du accidente; técnicas de RCP...

Seguimos realizando estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real.

Xogando ao atletismo

O 9 de febreiro participamos na xornada de Xogando ao atletismo da categoría benxamín que tivo lugar na pista de atletismo de Expourense. O alumnado de 4º de Ed, Primaria tamén participou como equipo invitado debido á súa boa traxectoria nestas xornadas de atletismo organizadas pola Secretaría xeral para o deporte.

Como en anteriores ocasións, disfrutamos dunha xornada de deporte da que destacamos fundamentalmente a convivecia e o espírito deportivo mostrado cos nenos e nenas da nosa cidade.

 

Proba de Campo a Través

O xoves 15 de decembro participamos, un ano máis, na proba previa de Campo a través que tivo lugar nas instalacións de Monterrei e que foron organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte de Ourense contando coa colaboración do alumnado e profesorado do Tafad de Ourense.

A xornada ameazou con choiva, pero a verdade é que tivemos un tempo espectacular para o desenvolvemento das probas, xa que a humidade ambiental permitiu que a temperatura fora idónea para o desenvolvemento das diferentes carreiras.

Despois de dous cursos sen celebrarse esta proba, eran moitas as ganas que as nosas corredoras e corredores tiñan de demostrar o seu nivel de forma física, e así o fixeron, acadando unha satisfacción moi especial cos resultados obtidos.

Xa estamos esperando a celebración da proba da final comarcal que se celebrará en xaneiro e na que voltaremos a estar presentes.


RESULTADOS


 

Xogando ao atletismo

O 24 de novembro, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou nas xornadas de Xogando ao Atletismo xunto cos centros de : A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Luis Vives, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo, Virxe de Covadonga e Vistahermosa.

Ao longo da mañán, realizamos diversas actividades como a carreira de 10x10 metros; lanzamento de brotex; salto cos pes xuntos dende parado; lanzamento de balón medicinal cara atrás por enriba da cabeza e salto lateral dun obstáculo baixo.

Para rematar, realizamos carreiras de relevos con e sen obstáculos.

A actividade estivo xenial!!!! xa estamos desexando que nos volvan a invitar. 


RESULTADOS DAS PROBAS


Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Creamos co lixo

O PDI deste curso nas áreas de Educación física e musical estivo centrado nunha das 4 R da reciclaxe, en concreto na de Reutilizar. Seguindo a línea do PDI do centro titulado "O Sueiriño a diversidade respeta. Traballemos xuntos a prol do planeta", quixemos ensinarlle o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria o sinxelo que é reutilizar material de refugallo para crear novas cousas.

Neste caso creamos os nosos propios instrumentos musicais e os nosos xoguetes.

Con esta unidade didáctica non solo aprenderon a importancia das 4 R, senón que utilizaron a súa imaxinación e a súa faceta máis creativa para facer dun anaco de lixo todo un pasatempo artístisco ou deportivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut