Skip to Content

Escolares

Froita fresca na escola

No curso 2017/2018 volvemos a participar no programa "Froita fresca na escola" organinado pola Consellería de Educación en colaboración co FOGGA e Fondo europeo de garantía agraría.

Este actividade está incluída dentro do programa do Plan Proxecta "Aliméntate ben".

O obxectivo principal desta actividade estivo relacionado coa oferta a todo o alumnado do centro de froita fresca ao longo de catro semanas do curso. Dúas foron ipartidas antes de Nadal e aoutras dúas a final de curso.

Visto o éxito e aceptación do programa por parte de toda a comunidade educativa, para o próximo curso voltaremos a participar nel.

 

 

Día do libro 2018

Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.

O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.

 

O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".

 

O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.

Desfile de Entroido 2018

O venres de Entroido realizamos o desfile de disfraces na pista polideportiva do centro cunha gran asistencia de familiares e amigos do alumnado.

Previamente ao inicio do desfile, participamos nunha degustación de doces de entroido que foron realizados coa colaboración das familias do alumnado. Desde o centro, agradecemos o esforzo e traballo de todos e todas as reposteiras participantes.

Como en anos anteriores, cada curso disfrazouse dunha temática que está relacionada co PDI que están a desenvolver nas súas aulas:

Ao rematar o desfile,

pasámolo xenial no baile de disfraces!!

GALERÍA DE IMAXES

Apertas que voan

Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan".

No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz.

YOU´LL NEVER WALK ALONE

YOU´LL NEVER WALK ALONE

Neste día, no que conmemoramos o International Day of Peace,
As nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro
Queremos camiñar, non en solitario, senón en boa compaña.

Na nosa escola nunca camiñamos sós,
As nosas mestras e mestres camiñan ao noso carón
Compartindo as incidencias no noso camiñar.
GRAZAS PROFES!

Pero hai moitas persoas que camiñan en soidade
Fuxindo do horror, da fame, da dor, …
E descalzos ao longo dese camiño

Non queremos que camiñen en soidade,
Compartimos o noso agarimo, e os nosos zapatos.
Un calzado moi especial, cheo de esperanza.

Son os nosos SHOES FOR PEACE,
Que nos permitan WALK WITH THE REFUGEES
E berrar ben forte YOU´LL NEVER WALK ALONE!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

Día da Paz 2018

O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:

  • Recitamos o poema de Neira Vilas "Cantarola dos nenos". Previamente cada curso traballara na súa aula unha estrofa do poema plasmando graficamente o que representaba dita estrofa. Con todas as ilustracións, realizamos un gran libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

  • Todo o centro participou na actividade "Grúas pola Paz". Coñecemos a historia deste movemento en prol da Paz. Cada alumno deixou un desexo nuha grúa para achegar ao mural colectivo que creamos na entrada do centro.

  • Coa mestra de música, practicamos ao longo da semana a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" que cantamos o Día 30 na entrada do cole.

  • Para rematar a nosa teacher organizou a actividade "Walk with the Refugees" na que entonamos a canción que hoxendía o Liverpool ten coma o seu himno.

 

Cantarola dos nenos

Ao longo das semanas previas ao Día da Paz todas as aulas do centro traballaron co poema de Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos".
Cada clase ilustrou unha estrofa do poema. Ao rematar os traballos elaboramos un libro ilustrado do poema que pasou a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
O Día da Paz recitamos, na entrada do centro, o poema .


 
GALERÍA DE IMÁXES

Mandas dos mecos 2018


 

Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

O sabor da aventura está no mar

Nos últimos tempos a diminución do consumo de peixe entre os nenos e nenas da nosa comunidade autónoma é unha realidade. É por iso que a Xunta de Galicia, consciente desa realidade, deseña actuacións que buscan o establecemento de medidas que faciliten o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as axudas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.

O noso cole participou, no mes de xaneiro, nun dos obradoiros que e Consellería do Mar realiza nos centros educativos galegos. Dun xeito lúdico, coñecimos os principais nutrientes que nos aporta o pescado e descubrimos varias receitas con peixe que son fáciles de realizar.

 

Concurso de logos para o centro

Rematado o prazo de presentación de logos para o centro, os membros do xurado tivérono moi difícil para escoller o gañador dada a altísima calidade dos traballos presentados, tanto en calidade como orixinalidade.

Desde aquí, queremos agradecer a todos e todas as participantes o seu esforzo e dedicación.

Na seguinte galería podedes observalos:

 

Este será o logo que identificará ao noso centro, a partir de agora:

Gañador do concurso

Distribuir contido


by Dr. Radut