Actividades

Día internacional da Infancia

O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento.

As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo.

É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento.

Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito.

Coplas do magosto

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria traballou a lírica nos primeiros días de novembro coa realización de varias coplas sobre temas que consideraron de interese en relación á celebración do magosto.

AS COPLAS DE TERCEIRO

 AS COPLAS DE 4º DE ED. PRIMARIA

AS COPLAS DE 5º DE ED. PRIMARIA

 

 

Carlos Ruvalcaba e Belén Aramis Ceja no Sueiro

Ver a pantalla completa

Día da muller rural

O noso cole non é un cole rural, mais tratamos de achegarnos ao rural todos os días.
O 15 de outubro conmemoramos o día da muller rural. Aprobeitamos para falar da importancia dos coidados que nos brindan as mulleres rurais e continuamos na clase a coidar da nosa plantación de lentellas, cebolas e leitugas.

Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría

As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.

Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Xogo: De que libro falamos

Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...

Xa podedes comezar o do luns!!!

Agradecemento ao alumnado

Vídeo do alumnado ao seu profesorado:

Agradecemento do profesorado as familias do CEIP Manuel Sueiro polo fermoso vídeo colaborativo que elaborastes para nós.

 Premede nas imaxes para ver os agradecementos

Día mundial de concienciación sobre o autismo

Hoxe, 2 de abril, celébrase o “Día mundial de concienciación sobre o autismo”, data instaurada pola Asamblea Xeral da ONU para visibilizar a necesidade de que todas as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) dispoñan das ferramentas necesarias para exercer os seus dereitos e liberdades fundamentais.

Como actividade para conmemorar este día, propoñémosvos que ás familias a iniciativa do equipo ARASAAC participando para realizar muíños de vento para colgar nas vosas fiestras ou balcóns.

Animámosvos a facerlle unha foto e a achegala ao correo do cole.

Na seguinte ligazón da Confederación de autismo España que mostra a campaña deste ano co lema Podo aprender. Podo traballar propóñennos unha bonita iniciativa para realizar hoxe pola noite.

 Presentación sobre o autismo de Almudena Vergara Cardona

Todos xuntos gañaremos

Distribuir contido