Actividades

Vídeo resumo do curso 2017/2018

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2017/2018.

Esperamos que sexa do voso agrado...

 

Memoria gráfica da biblioteca

Na seguinte ligazón tedes acceso á memoria gráfica do traballo realizado desde a biblioteca no curso 2017/2018.

Esperamos que sexa do voso agrado.

Programa Cores

O 27 de abril realizamos no centro, coa colaboración da Escola Galega de Consumo, un obradoiro destinado a promover no alumnado a educación para o consumo responsable.Traballando a igualdade a través da publicidade dentro do programa Cores.

As temáticas que se trballaron foron as seguintes:

  • Análise da escolla de xoguetes desde o punto de vista do xénero. Influencia da publicidade e dos estereotipos de xénero empregados nos recursos publicitarios dirixidos á infancia.
  • Xoguetes: Diferencias entre os xoguetes e aqueles outros produtos que non o son. Envases e etiquetado dos xoguetes. Pautas de seguridade para un uso responsable dos xoguetes.

Para rematar o obradoio o alumnado máis cativo realizou un pao de chuvia que levaron para a súa casa.

Primeiros auxilios

O 26 de abril realizamos en colaboracion coa Cruz Vermella un obradoio de primeiros auxilios dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Estas charlas tiveron unha parte teórica e outra práctica, na que os alumnos participan activamente na simulación de diferentes siituacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso du accidente; técnicas de RCP...

É fundamental realizar estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real.

Día do libro 2018

Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.

O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.

 

O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".

 

O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.

Vídeo de resumo do ano 2016/2017

Vídeo resumo do que aconteceu no CEIP Manuel Sueiro no curso 2016/2017.

Vídeo curso 2015/2016

 

Obradoiro de apicultura

O 24 de abril tivemos na biblioteca una actividade moi interesante para todo o alumnado do centro: Contamos cun mestre apicultor que lles ensinou aos rapaces a diferenciar distintos tipos de abellas, como fan os panais, a mel,… a través dunha presentación e un vídeo de Disney para os mais cativos.

Trouxo unhas vitrinas, con cristais, nas que dentro estaban as abellas e os panais feitos por elas.

Tiveron que buscar a abella raíña. Tamén puideron comprobar a temperatura tocando os cristais, xa que a de enriba estaba mais quente ca de abaixo.

Asemade, observaron como a presenza de fume e auga producían cambios no seu hábitat e como as abellas reaccionaban antes estes cambios.

Por último, manipulamos co traxe de apicultor que é preciso poñer para a recolecta da mel e explicounos como o tiñamos que poñer correctamente para non sufrir ningún percance.

Foi unha experiencia que nunca olvidaremos!!

Galería de imaxes

Concursos de outono 2014

Ao longo do mes de novembro os equipos de Actividades complementarias/extraescolares, EDL e Biblioteca convocaron conxuntamente dous concursos/exposicións relacionados co outono: "A castana disfrazada" e "Centros de outono".

É de salientar a ampla participación nos mesmos de todo o alumnado do centro, así como da implicación das súas familias.  Desde o centro queremos dar os nosos parabéns a todos eles pola calidade de todos os traballos presentados.

O último día do mes de novembro fixemos entrega dos Diplomas de recoñecemento a todos e todas los participantes.

Na seguintes galerías de imaxes podedes ver as imaxes dos traballos e da entraga de diplomas:

A castaña disfrazada

Galería de imaxes da castaña disfrazada

Centros de outono

 Galería de imaxes de centros de outono

Entrega de premios

 

Magosto 2014

O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:

  • Exposición de castañas. O EDL do centro foi o encargado de organizar esta actividade na que participou a maioría do alumnado coa axuda das súas familias. A actividade consistiu en decorar, disfrazar,.. unha ou varias castañas deixando voar a imaxinación e creatividade. O resultado obtido témolo que valorar de excelente xa que a calidade dos traballos presentados foi moi alta. Moitos parabéns para todos os participantes!

  • Xantar do magosto. Como non podía ser doutro xeito, o xantar do magosto tivo como protagonistas aos chourizos e ás castañas asadas. Os primeiros apareceron agochados dentro do miolo dun bolo de pan, tamén coñecidos como bolos preñados; das castañas encargouse o mestre de 2º curso, Alfonso, que lle deu un toque especial para que estivesen no seu punto. A directora foi a encargada de repartirnos o postre, consistente nunha degustación de diferentes tipos de bicas. É de agradecer a colaboración prestada pola ANPA do colexio, así como da empresa de catering, na elaboración do menú e na compra das bebidas.

 

  • Obradoiro de xogos populares. O profe de Ed. Física encargouse de organizar unha serie de xogos populares cos que tanto o alumnado como o profesorado o pasou xenial. De paso queimamos o exceso de calorías consumidas anteriormente.

Viva o magosto!!

Distribuir contido