O Festival de Entroido

Este venres 28 celebramos o Entroido da Historia  por todo o alto. Queremos agradecervos a todos a vosa participación, que cada ano aumenta e non deixa de sorprendernos pola vosa creatividade. Deixamos un avance cunha selección de imaxes.

Recadación carreira solidaria

1737,65 euros

GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIDADE

Admisión de novo alumnado no curso 2014-15

Comunicámoslles as familias interesadas en matricular aos seus fillos-as neste Colexio que entre o 6 e o 20 de marzo de 2014 poderán entregar a solicitude de praza debidamente cuberta, na Secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación achegamos os seguintes documentos de interese para este proceso de admisión.

- SOLICITUDE (anexo II)

- INSTRUCCIÓNS E VACANTES

- PLANO DE ZONAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

- RELACIÓN DE RÚAS DO ÁMBITO DE INFLUENCIA DESTE COLEXIO

- HORARIO DE SECRETARÍA PARA ENTREGA DE SOLICITUDES

- INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

- INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACIÓN

- ORDE REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 - O COLEXIO ASIGNARÁ UN PUNTO A TODAS AS SOLICITUDES QUE SOLICITEN EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO PÚBLICO.

Día de Rosalía de Castro

O luns 24 de febreiro está adicado a nosa escritora máis coñecida, Rosalía de Castro. No Colexio, e animados polo Equipo de Dinamización da Língua Galega, quixemos facerlle unha pequena homenaxe que podedes ver nos vídeos seguintes.

VÍDEO DE 4ºA   VÍDEO DE 4º B   VÍDEO DE 5ºA   VÍDEO DE 5ºB   VÍDEO DE 6ºA   VÍDEO DE 6º B

La escuela de Guinea Bissau

O 14 de febreiro visitáronnos María e Njerga. María é a fundadora de Miradas al Mundo e Njerga é un cidadán de Guinea que colabora con eles para desenvolver os proxectos no seu pais, concretamente foi o encargado da construcción da nova escola da aldea de Dembanje, na que participamos todos organizando o mercadillo de xoguetes o curso pasado. Así co diñeiro recaudado no noso Colexio e noutros, a nova escola xa é unha realidade, e María e Njerga viñeron a darnos as gracias en nome dos nenos-as da aldea, utilizando un vídeo moi ilustrativo das condicións nas que viven nese lugar. O alumnado de 4º, 5º e 6º tivo a oportunidade de contemplar o froito da súa solidariedade, e nos vindeiros días colocaremos a imaxe da nova escola polo Colexio, acompañada das cartas de agradecemento escritas polos nenos-as da aldea. Grazas a tod@s.

A urbanización da contorna do Colexio

Dende a primeira semana de febreiro iniciáronse as obras arredor do Colexio. Como sabedes suporá a apertura das avenidas dos Caídos e Casanova de Eirís nunha primeira fase. Afectará ao Colexio en tres importantes actuacións:

  1. Construcción dun novo muro cierre na zona entre o acceso por Casanova de Eirís e hacia a Biblioteca
  2. Convertir a entrada por Casanova de Eirís nun acceso exclusivamente peatonal.
  3. Construir unha nova entrada pola Av dos Caídos, para permitir o acceso de vehículos ao interior do recinto.

 Todas estas obras, e tras acordalo co Concello e a empresa, executaranse durante o verán, evitando así alteracións significativas na organización escolar, e o máis importante, garantir a seguridade de todos, especialmente do alumnado.

Día da Paz - Carreira Solidaria

Xoves 30 de xaneiro, un curso máis, cita coa Paz, cita coa solidaridade. Participamos na convocatoria de Save the Children para axudar á infancia de Etiopía. Tamén fixemos unha lectura colectiva do libro "Seis Homes", a través da megafonía do Colexio e utilizando o soporte audiovisual das aulas. Xornada de festa e concienciación.

Comezan as clases de PROA

A partires do xoves 16 de xaneiro e ata o mes de xuño desenvolveremos no Colexio esta actividade de reforzo e apoio ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. As clases serán de luns a venres, con diferente horario segundo o grupo. O profesor contratado pola Consellería de Educación chámase Adrián, e coordinará o seu traballo cos diferentes titores-as e coa Xefa de Estudos. Estamos convencidos, que un curso máis, esta actividade será de gran axuda para o progreso do alumnado participante.

Segundo trimestre

O xoves 9 de xaneiro iniciamos as clases deste segundo trimestre. Como veredes no calendario, entroido e Semana Santa retrásanse máis do habitual. Para unificar a duración dos tres trimestres, ao inicio do curso tomamos a decisión de que a segunda avaliación remate o 28 de marzo, coa entrega do boletín de notas correspondente.

Celebramos o Nadal

Foi o venres 20 de decembro. Ao longo da mañán celebramos a chegada do Nadal con dous festivais no Salón de Actos. No primeiro participou o alumnado de infantil e 1ºEP, e no segundo o resto. Tivemos un pouco de teatro e moito de música, todo dentro dun ambiente de festa e alegría. Norabóa ao profesorado e alumnado participante, e moitas grazas por agasallarnos co voso talento.

Powered by Drupal - Design by artinet