Gañamos o Festival de Curtametraxes!

O día 10 de abril, foi a final do certame de curtas en galego no que participamos o alumnado de 5º e 6º do noso Colexio.

A curta de 5º foi seleccionada, con outras cinco, para presentarse na final que tivo lugar ,na Escola Oficial de Idiomas de A Coruña

Nesta gala, a curtametraxe de quinto "Hipnonenos" foi elixida como gañadora deste certame na categoría infantil.

 Emocionámonos moitisimo, ao saber que eramos os gañadores@ de entre todas as curtas realizadas.

Tania e Carlota 5ºA

Admisión Alumnado 14-15: listaxes provisionais

O pasado luns 7 de abril, o Consello Escolar referendou as listaxes provisionais que a continuación publicamos. Agora ábrese un periodo - ata o 25 de abril- para que as familias disconformes co resultado poidan presentar recurso na Secretaría do Centro. Pasado este tempo publicaremos as listaxes definitivas, coas instruccións para o proceso de matrícula de novo alumnado.

Campamentos de verán

Ata o 10 de abril podedes pedir os campamentos de verán da Xunta de Galicia. Toda a información no seguinte enlace.

accion_veran_azul

Becas comedor 2014-15

O Concello da Coruña ven de publicar no BOP a convocatoria de becas para os comedores escolares de cara ao vindeiro curso 2014-2015.

Clicando na imaxe atoparedes toda a información sobre a convocatoria que remata o 8 de abril.

Curtametraxes do terceiro ciclo

Aquí está o resultado do traballo realizado no marco da actividade extraescolar de Elaboración dunha curtametraxe en língua galega, desenrolado durante o primeiro trimestre do curso para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Noraboa ás novas actrices e actores, e como non aos seus profesores.


O Festival de Entroido

Este venres 28 celebramos o Entroido da Historia  por todo o alto. Queremos agradecervos a todos a vosa participación, que cada ano aumenta e non deixa de sorprendernos pola vosa creatividade. Deixamos un avance cunha selección de imaxes.

Recadación carreira solidaria

1737,65 euros

GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIDADE

Admisión de novo alumnado no curso 2014-15

Comunicámoslles as familias interesadas en matricular aos seus fillos-as neste Colexio que entre o 6 e o 20 de marzo de 2014 poderán entregar a solicitude de praza debidamente cuberta, na Secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación achegamos os seguintes documentos de interese para este proceso de admisión.

- SOLICITUDE (anexo II)

- INSTRUCCIÓNS E VACANTES

- PLANO DE ZONAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

- RELACIÓN DE RÚAS DO ÁMBITO DE INFLUENCIA DESTE COLEXIO

- HORARIO DE SECRETARÍA PARA ENTREGA DE SOLICITUDES

- INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

- INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACIÓN

- ORDE REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

 - O COLEXIO ASIGNARÁ UN PUNTO A TODAS AS SOLICITUDES QUE SOLICITEN EN PRIMEIRO LUGAR UN CENTRO PÚBLICO.

Powered by Drupal - Design by artinet