Listaxes de material

EDUCACIÓN INFANTIL: A relación de materiais entregouse no mes de xuño. Finalmente a entrega por parte das familias pode ser o xoves 5 de setembro de 10 a 12h e o luns 9 de 10 a 11,30h.

1º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

2º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. No documento veñen os días de entrega.

3º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

4º ED.PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

5º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

6º ED. PRIMARIA: Listaxe de materiais. O alumnado traerá o material o primeiro día de clase.

Profesorado 2013-14

Celebramos o primeiro Claustro do ano académico no que realizamos a adscrición do profesorado do Colexio, que quedou da seguinte forma:

TITORÍAS - ESPECIALISTAS

En un día ou dous publicaremos as listas de material dos diferentes cursos e as datas coas horas de entrega.

Arranca o curso 2013-2014

Non hai moito que despedíamos o curso anterior e xa estamos comezando o seguinte. A partir do luns 2 de setembro o Colexio estará aberto no horario habitual, de 9 a 14h. Tamén nesa semana publicaremos as listaxes de material cos horarios e días de entrega, coñeceredes ao profesorado das diferentes clases, e teredes novamente información o máis actualizada posible. Xa sabedes que as clases empezan o mércores 11 ás 9h.

Encontraredes novidades importantes como a nova posibilidade de  acceso ao Colexio pola Av. dos Caídos, da que vos adiantamos unha foto neste artículo. Tamén a nova aula de música no andar superior e asubstitución dunha parte dos canalóns do edificio. Obras executadas principalmente grazas ao Concello da Coruña.

Festa de fin de curso

Pois acabou o curso 2012-2013. Como ven sendo tradición, o celebramos organizando unha Festa de Xogos para todo o alumnado, na que colabora e participa todo o profesorado. Unha actividade de éxito garantido na que nenas e nenos disfrutan moitísimo. Ademáis como colofón entregamos as orlas ao alumnado que termina a etapa de infantil e primaria. Boas vacacións para tod@s.

Circular de final de curso

 Termina o curso 2012-13, e como noutras ocasións enviamos a todas as familias unha circular informativa que podedes consultar facendo clic na imaxe.

Tempo de despedidas na ANPA

Aquí as tedes, Ruth, Ana, Conchi e Marga. Logo de moitos anos traballando para organizar actividades e servizos para o alumnado do Colexio, chegoulles o momento de despedirse. Ruth foi a presidenta estos últimos cursos, sempre disposta a dar solucións cun sorriso de serie incorporado. Marga como tesoureira e como representante no Consello Escolar, desenvolvendo unha labor menos visible, pero sempre eficaz e dilixente. Conchi representando ao ANPA no Consello e actuando como delegada permanente para os asuntos de seguridade no Centro. Por último Ana sempre disposta a colaborar, que aínda que seguirá no Colexio coa súa pequena, razóns profesionais obríganlle a deixar o traballo na ANPA. Para as catro recoñecemento e gratitude polo voso traballo e dedicación en nome de toda a Comunidade Educativa do Fdez Latorre. GRACIAS!!

Libros de texto 2013-2014

Facendo clic na imaxe podedes acceder ao pdf coa relación de libros de texto para os diferentes cursos. Ademáis atoparedes a relación de material de educación infantil. O material escolar para os diferentes niveis de primaria publícarémolo os primeiros días de setembro.

Atención: Modificamos ISBN de Papelillos 2º trim (3 anos). e Cidadanía de 6ºEP. O enlace está actualizado

Axudas libros de texto curso 2013-14

Dende o luns 3 de xuño e ata o mércores 3 de xullo pódese entregar na Secretaría do Colexio a solicitude e demáis documentación para acceder ás axudas destinadas a comprad os libros de texto de primaria para o curso 2013-2014. Unha vez entregada a solicitude se entregará, cando sexa posible, un vale por unha cantidade determinada para adquirir os libros no establecemento que cada quen elixa.

Información xeral da convocatoria

Circular do Colexio.

SEMANA DA INTERCULTURALIDADE

Durante a última semana de maio, no corredor da entrada ao colexio estiveron expostos os traballos que nenos/as, pais, nais, avós, avoas... fixeron para contarnos un pouco máis sobre os seus países de procedencia. 

Aprendimos un montón de cousas de todos eses lugares do mundo: donde están; algo da súa historia, os seus monumentos, as súas bandeiras, os seus xogos e os seus postres ou platos típicos.

Por todo iso, no noso ciclo, fixemos un día especial do xoves 30 de maio. Todos os cursos visitaron a exposición, fixeron búsquedas de tesouros, gincanas de pistas, xogamos no patio a varios xogos do mundo (un de cada continente) e para rematar, fixemos unha degustación incríbel de algúns postres que elaboraron as nais, pais, avós, avoas e nenos e nenas nas súas casas.

Mirade un resumo en fotos!!

 

 

<7center>

Powered by Drupal - Design by artinet