Un día de folclore con IAR

Nestes comezos de curso tivemos a oportunidade de contar coa presencia dun grupo de músicos e cantareiras da Asociación de Veciños do barrio, IAR que viñeron a realizar unha actividade didáctica na que presentaron os instrumentos básicos da nosa música, así como outras curiosidades moi interesantes.

Saíron as mochilas viaxeiras

Xa están en ruta as mochilas viaxeiras. Un curso máis o equipo de profesores da Biblioteca, con Loli ao frente, poñen en marcha esta iniciativa que pretende apoiar o fomento da lectura no entorno familiar. Agardamos as vosas aportacións e suxerencias nos cadernos que conteñen as mochilas.

Curtametraxes e Listen and Speak

A partires do luns 14 de outubro, e ata decembro, comeza a actividade de Creación de curtametraxes en língua galega para 6º de primaria, os luns e mércores de 17,10 a 18h.

Tamén empeza nesa semana Listen and Speak co seguinte horario:

- 3º e 4º de Primaria os luns e mércores de 16 a 17h.

- 5º e 6º de Primaria os martes e xoves de 17 a 18h.

Programa Educa Saúde

Dende outubro e ata finais de decembro o noso Colexio será beneficiario do desenvolvemento deste programa municipal, que consiste en diferentes charlas educativas e informativas para o alumnado e as familias, con temáticas diversas; médica, afectivo-sexual, educación social, emocional, etc. As charlas para o alumnado serán polas mañáns, e para as familias polas tardes de 4 a 5,30h, contando coa posibilidade de deixar aos nenos-as realizando talleres paralelos. Dende aquí os animamos a participar acudindo ás diferentes charlas, onde encontraredes unha importante axuda na tarefa de educar na familia.

Actividade lúdica de judo

Os días 26 e 27 viñeron ao Colexio Alex e Juan profesores de judo que moitos xa coñecedes. Nesta ocasión a idea foi a de promocionar, unha vez máis, unha práctica deportiva que conta con moitos beneficios recoñecidos, e ademáis inculca importantes valores deportivos e sociais. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o obxectivo desta iniciativa. Continuaremos achegando a todos a posibilidade de coñecer diferentes disciplinas deportivas.

Extraescolares 2013-2014

Colgamos aquí toda a información que precisades para coñecer toda a oferta de actividades extraescolares durante o presente curso. Atoparedes actividades organizadas exclusivamente pola ANPA e outras en colaboración co Concello de A Coruña a través do Servizo Municipal de Educación. Moitas delas terminan o prazo de matrícula antes do 28  de setembro.

CIRCULAR DO ANPA

PLANNING DE ACTIVIDADES

LISTEN AND SPEAK

XOGOS ESCOLARES

Gracias dende Guinea Bissau

Lembrades aquel mercadillo solidario de xoguetes a finais do mes de xaneiro, no que pretendíamos recaudar a maior cantidade de cartos posible para construir unha escola nova nunha aldea de Guinea Bissau. Pois agora María, a responsable de Miradas al Mundo, quere compartir con todos un vídeo no que todos os nenos e nenas da aldea agradecen a axuda recibida aos nenos do noso colexio e doutros que tamén colaboraron.
https://plus.google.com/u/0/photos/115450016972353934311/albums/55406473...

Circular de inicio de curso

O mércores 11 de setembro iniciamos o curso 2013-14 con normalidade, pero sobre todo con moita ilusión e gañas de que todo funcione o mellor posible.

Recibimos a visita, para inaugurar o curso, da Delegada Provincial, do Xefe da Inspección Educativa de A Coruña e da na nosa inspectora. Acompañados polos medios de comunicación fixemos un percorrido polas instalacións e as aulas do Colexio, e tiveron ocasión de falar con alumnos e profesoras.

Como todos os comezos de curso entregamos a importante circular de inicio na que atoparedes información moi útil durante todo o curso. Deixamos unha copia aquí para que a consultedes en calquera momento.

Powered by Drupal - Design by artinet