Recollida de libros do Banco

Hoxe 25 de xuño entregamos os libros aos solicitantes de 3º e 4º. Mañá xoves entregaremos a 5º e 6º,e tamén os que sobraron do resto de cursos. Todos poden ser beneficiarios, excepto os que obtiveran cheques de 170 euros.

Os que entreguen libros de 6º no Colexio terán preferencia para recoller libros do Banco do Instituto. Animaros a participar!!

Festa de Fin de Curso

Finalizou o curso 2013-14, e o celebramos coa nosa Festa de Xogos, que un ano mís foi todo un éxito. Tamén aproveitamos para entregar as orlas ao alumnado que finaliza as etapas de infantil e primaria respectivamente. Foron dous actos cheos de emotividade e ilusión. Grazas a todas e todos por acompañarnos un curso máis. Noraboa!!

Banco de Libros de Texto

Co final de curso queremos realizar esta iniciativa demandada por moitas familias, e así favorecer a reutilización solidaria dos libros de texto e tamén conseguir un aforro para as familias implicadas.

Facendo clic na imaxe accedese á circular explicativa.

banco-de-libros-de-texto.JPG

Un día con quinto no Camiño

Por fin o martes 3 de xuño realizamos o tramo do Camiño Francés entre Furelos e Ribadiso. Día espléndido para camiñar, peregrinos de moitos lugares do mundo e a nosa intensa paixase contemplándonos paso a paso.

Axudas para libros de texto 2014-15

Ata o mércores 2 de xullo de 2014, pódense solicitar no Colexio as axudas económicas para mercar libros de texto para o vindeiro curso. Como novidade esta convocatoria establece a obrigatoriedade de comprar co vale, exclusivamente libros de texto, e ademáis entregalos en bo estado ao final de curso no Colexio. Podedes descargar aquí a circular, e na imaxe acceder a toda a información.

Axudas libros de texto

O Festival das Letras Galegas

O pasado venres 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con dous festivais no Salón de Actos. O primeiro para Infantil e 1º Ciclo e o segundo para 2º e 3º ciclo de Primaria. No seguinte vídeo atoparedes un resumo do mellor dos dous actos. Grazas dende o EDLG a todos, os que dun xeito ou outro, colaboráchedes para celebrar esta festa un curso máis. Noraboa.

Xosé Mª Díaz Castro

Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio queremos ofrecervos o vídeo realizado para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014, que este adícase ao poeta Xosé Mª Díaz Castro. Trátase dunha recreación do personaxe contando a súa vida. No vídeo colaboraron varios alumnos e alumnas do Centro, aos que agradecemos públicamente o seu interese.

 

Powered by Drupal - Design by artinet