Visitóunos Manolo Rivas

O luns 26 de xaneiro, ás 12h chegaba ao Colexio o escritor galego con máis sona na actualidade. Prestixio gañado coa súa producción literaria, pero tamén como cidadán comprometido, como o que máis, coa xustiza social e a igualdade. Veu acompañado dun magnífico músico, e xuntos realizaron unha animación lectora do máis orixinal. Máis tarde, e logo de asinar un montón de libros, adicoulles un momento a dous alumnos de cuarto que lle fixeron unha entrevista que podedes ver no vídeo.

Mercadillo solidario de xoguetes

O xoves 29 e o venres 30 de xaneiro teremos no Colexio un mercadillo de xoguetes. Trátase de que o alumnado aporte algún xoguete ou libro propios, e despois poidamos montar unha especie de mercadillo, e eles poidan mercar todos os xoguetes. Os cartos obtidos destinaranse á reconstrucción dunha escola rural na aldea de Kassolo, en Guinea Bissau, do mesmo xeito que hai dous anos colaboramos na construcción doutra escola en outra aldea do pais.. Esta actividade realizámola en colaboración coa ONG "Miradas al Mundo".  Tamén o xoves 29 virá ao Colexio Bebe, orixinario de Guinea Bissau para contarlle ao alumnado de 5º e 6º como é a vida no seu pais.

Nova decoración na zona infantil

Dende o 12 de xaneiro, todos podemos disfrutar do mural infantil no patio cuberto realizado por Chema, grafitero ferrolano, que como podedes ver realizou un traballo artístico cunha temática infantil baseada no mundo da natureza. Pronto completará o traballo coa decoración das columnas do patio.

Agradecemento do Refuxio de Padre Rubinos

A responsable desta institución benéfica coruñesa, coa que colaboramos antes do nadal, cunha recollida de alimentos, enviounos unha carta agradecendo a colaboración prestada.

Estimad@s alumn@s del Colegio Juan Fernández Latorre,

Mi nombre es Silvia Valle y dirijo el Albergue Padre Rubinos.

Me dirijo a vosotros porque ayer estuvimos recogiendo la colecta que habéis hecho para nosotros esta Navidad. Quiero agradeceros vuestra colaboración, es muy importante para nosotros.Este año hemos abierto la nueva sede, y eso ha supuesto un incremento en el número de usuarios que se acercan a nuestras instalaciones a pedir ayuda; por eso necesitamos todos los recursos que podamos reunir. Por eso es especialmente importante vuestra colaboración.

Gracias por vuestra generosidad, por acordaros del Refugio; gracias a vuestros padres y profesores por potenciar esos valores en vosotros. Con esta colaboración estáis contribuyendo a crear una realidad mejor, un mundo más justo.

Una vez más, muchas, muchas gracias por vuestra ayuda. Espero que nos veamos pronto.

Un fuerte abrazo

Segundo Trimestre

Iniciamos 2015 e co novo ano chega o inicio do segundo trimestre. Esta parte central do curso chegará ata o 27 de marzo, día no que se entregarán as notas e comezarán as vacacións de Semana Santa. Pero antes quedan por diante moitos días de cole, coas súas rutinas e actividades complementarias, todas igual de necesarias; visitas, concertos, teatro, Día da Paz, Entroido, etc, etc.

Aproveitamos para deixar aquí o calendario de saídas deste trimestre.

Celebramos o Nadal

Despedimos o ano 2014 no Colexio celebrando o Festival de Nadal. Xa tedes o vídeo e unhas mostras fotográficas da celebración deste día. Vémonos no 2015, BOAS FESTAS!!

- FOTOMONTAXE 3 ANOS

- PAPA NOEL 4 ANOS

- NADAL 4 ANOS (LAZO VERMELLO)

Entrega de axuda en Padre Rubinos

Na xornada de hoxe, xoves 18 de decembro, o alumnado de 6ºA en representación de toda a Comunidade Educativa do Colexio realizou a entrega de produtos recollidos para o Centro Benéfico Social Padre Rubinos. Ademáis tiveron a oportunidade de coñecer as magníficas novas instalacións, e o funcionamento das mesmas. Transmito a todos o agradecemento da Dirección da Institución pola colaboración realizada anualmente.

Programas navideños do Concello

Xa están aquí as festas de nadal, e os máis pequenos serán os auténticos protagonistas. Dende o Concello de A Coruña organizan múltiples actividades para disfrutar destas festas coa familia e os amigos. Aquí tedes o folleto informativo: FOLLETO 1 e FOLLETO 2

Tamén a Fundación María José Jove oferta o Festival de Títeres nas súas instalacións de A Grela ou no Forum Metropolitano con obras moi divertidas e interesantes a precios populares.

Programación Deportiva "Navidad 2014"

Puxémonos no seu lugar

Para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, este curso decidimos realizar unha actividade na que o alumnado tivo a oportunidade de experimentar coas sensacións, e sobre todo limitacións das persoas con discapacidade visual, motriz ou da linguaxe. Todos, dende 3 anos a 6º de Primaria   realizaron un circuito axudados polos propios compañeiros. Esta actividade, un curso máis, organizouna o Equipo de Dinamización da Convivencia do Colexio, coa colaboración dos profes de educación física.

Xornada de Primeiros Auxilios

O mércores 3 de decembro, o responsable de Protección Civil do Concello, Federico, deu unha charla sobre esta temática ao alumnado de 6º de Ed Primaria. Consideramos que foi moi interesante, houbo moitos temas e moitas preguntas. Dende a chamada ao 112, pasando por RCP, maniobras de recuperación, etc. Gracias ao Concello pola oportunidade que nos brindou.

Powered by Drupal - Design by artinet