Festival das Letras Galegas

Celebrámolo o luns 25 de maio no Salón de Actos do Colexio. Realizamos dous festivais, o primeiro para os máis pequenos e o segundo para o resto. queremos agradecer a todos os participantes a implicación e o empeño posto para as diferentes actuacións; alumnado e profesorado.

Semana das Letras Galegas

Entre o luns 18 e o venres 22 de maio deste 2015 celebramos unha semana especial, desenvolvendo actividades moi relacionadas coa expresión da nosa cultura  e tradición. Nesta ocasión falamos da actividade de xogos tradicionais que durante todos os recreos tivo lugar no patio para o alumnado de primaria. Contamos coa colaboración da A. C. "A Modiño" que prestounos parte do material utilizado, e tamén coa implicación de alumnado de 6ºEP na monitorización dos xogos. A outra actividade, consistía na realización de talleres de oleiros, impartidos por un experto artesán de Buño, e como protagonistas, o alumnado de infantil e 6ºEP. Ademáis a exposición do autor homenaxeado, e como guinda teremos o Festival das Letras o vindeiro luns 25.

Día das Letras Galegas 2015

Este ano 2015 o autor homenaxeado no día das Letras Galegas é Xosé Filgueira Valverde.

caricaturta

Nace na Praza do Peirao de Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Os seus país foron a granadina Araceli Valverde Yaquero e Xosé María Filgueira Martínez, médico pontevedrés.

De neno estudou en Pontevedra e sempre sacou boas notas. Despois licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Tamén se doutorou en Filosofía e Letras na universidade de Zaragoza cunha tese sobre unha das Cantigas de Santa María de Alfonso X, titulada «La cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval»

No ano 1923 foi un dos membros fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Exerceu como profesor de Lingua e Literatura Española en diferentes institutos de Barcelona, Lugo e Pontevedra. Foi director do Instituto masculino de Pontevedra desde o ano 1946 ao 1976

En 1942 ingresou na Real Academia Galega. Tamén foi alcalde da cidade de Pontevedra no periódo comprendido entre o ano 1959 e o 1968.

Dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra.

En 1981 foi nomeado Consellerio de Cultura da Xunta de Galicia, defendendo o bilingüismo nas aulas e sendo o encargado de implantar o galego no ensino.

Foi presidente do Consello da Cultura Galega desde o ano 1990 ata o seu falecemento no ano 1996 con 90 anos de idade.

Recibiu númerosos premios entre os que destacan, o Premio da Crítica das Letras e das Artes, a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra,  Fillo predilecto de Pontevedra e Doutor Honoris Causa por distintas universidades españolas.

 Algunhas das súas publicacións son:

 Seis cantigas de mar in modo antico.

A lírica medieval galega

O vigairo

Farsa para rapaces

Agromar

Quintana viva

Marta Fernández, 4º A

Listaxes definitivas da admisión de alumnado

Finalizado o prazo de reclamacións e resoltas as solicitudes de alumnado con necesidade de apoio educativo, pasamos a publicar as listaxes definitivas de alumnado que solicitou praza para o curso 2015-16 (admitidos e non admitidos). Ante estas listaxes pódese recurrir cun recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación, no prazo dun mes a partir de hoxe 13 de maio.

 

O prazo para formalizar a matrícula das solicitudes admitidas será do 20 ao 30 de xuño na Secretaría do Colexio. Quen non formalice a matrícula dentro deste período, perderá o dereito á praza, en detrimento dos seguintes da listaxe.

Informamos tamén, de que a reunión coas familias do alumnado admitido de 4º de Infantil (3 anos) terá lugar o día 25 de xuño ás 17h no Salón de Actos do Colexio.

 

 

Campaña solidaria con Equus Zebra

Dende a web, queremos agradecer a vosa desinteresada colaboración coa ONG Equus Zebra, na campaña de recollida de roupa que remata este martes 12 de maio. O certo é que sorprendeu a gran cantidade de kilos de roupa depositados no Colexio, e que agardamos que sirvan para mellorar a situación de moitas familias que están a pasar dificultades.

 

Terminaron os Xogos Escolares

O Teatro Rosalía de Castro foi o escenario da Gala Final dos Xogos Escolares do Concello, na que o Colexio estivo ben representado polos integrantes do equipo de volei, que acadou un meritorio terceiro posto. Nesta edición houbo alumnado do Centro participante, tamén en balonmán, baloncesto e tenis. Norabóa a todos-as os participantes, e para o vindeiro curso + deporte, + compañeiros, + diversión, + felicidade.

 

Horto escolar

Coa recente ganancia de terreos decidimos, dun xeito experimental, implementar ás actividades educativas un pequeno horto, cun eminente carácter educativo. Ata final de curso, gran parte do alumnado está a plantar diferentes productos (cebolas, calabacíns, tomates, leitugas, etc). Agardamos a nosa "primeira colleita" para antes da finalización do curso. Estade atentos!!

Powered by Drupal - Design by artinet