Admisión de alumnado 2016-17

O martes 1 de marzo ábrese o prazo de solicitude de vacantes para alumnado no curso 2016-17. Este prazo temina o martes 29 de de marzo. As solicitudes debidamente cumplimentadas e asinadas, podense entregar na secretaría do Colexio no horario indicado. A continuación deixamos diversa documentación informativa e de interese para as familias solicitantes.

 
   

1ª Semana da Froita

Arrancamos esta nova actividade dentro do proxecto de hábitos saúdables. Con moito éxito todo o alumnado consume durante os recreos desta semana as 5 froitas elixidas de temporada: plátano, amorodos, mazá, mandarina e pera. Así mesmo traballamos o reciclaxe, creando compost cos restos das froitas, para utilizar nuns meses como abono na horta escolar. Aquí tedes algunhas imaxes.

 

Lección de solidaridade

O Día da Paz participamos na carreira solidaria de Save the Children pola nutrición da infancia de Burkina Faso. O resultado, como vedes ESPECTACULAR. NORABÓA!!.

Desfile de Entroido

Cun novo formato de desfile celebramos a festa do Entroido 2016. Agradecemos a todos-as a colaboración para conseguir, unha vez máis, disfrutar plenamente da festa.

Arranca a actividade de PROA

O vindeiro mércores 3 de febreiro iniciamos as clases de PROA co alumnado dos grupos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Ata final de curso o alumnado participante disporá de catro horas semanais de clases de apoio, reforzo, hábitos, etc, todas ela polas tardes, e de xeito totalmente gratuito. Esta actividade estará dirixida por unha nova profesora chamada Mónica, e coordinada pola Xefa de Estudos, Soledad. Ademáis contará coa axuda e colaboración das titoras do alumnado participante.

Conmemoración do Día da Paz

Este ano adicado a Manuel María quixemos encher Os Soños na Gaiola de eso...soños e desexos de paz. Tamén participamos na Carreira Solidaria pola infancia de Guinea Bissau, impulsada pola ONG Save the Children. Aquí tedes un resumo do acontecido.

Unha charla con moito valor

Contamos novamente coa presencia de María e Bebe. Traballan para a ONG Miradas del Mundo, y vinieron a contarnos su labor en Guinea Bissau para fomentar o desarrollo e a educación. Bebe contounos cousas moi interesantes, como situacións persoais, que podían ser as de moitos que intentan chegar a España en condicións infrahumanas. Contoulles aos alumnos-as a importancia da xenerosidade e sobre todo da amistade, "Prefiro amigos que cartos".

O alumnado de 5º e 6º colaborará con eles para encher un contenedor de material escolar e outros artículos, que viaxará a Guinea en marzo. Gracias e sorte.

Informe do estado da convivencia

No mes de novembro pasamos a todas as familias, alumnado de 5º e 6º, e profesorado unha enquisa anónima, coa finalidade de establecer a situación actual da convivencia no Colexio, e que esta información servise de punto de partida para a renovación do Plan de Convivencia do Centro. Pois ben, se facedes clic na imaxe podedes ver o extensoinforme dos resultados desta enquisa. Moitas gracias pola vosa participación.

Actividades no segundo trimestre

Comezou este curto segundo trimestre no que pronto, o venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz, e por mor do calendario o seguinte venres celebraremos a festa do Entroido. Por suposto, ao longo do trimestre e ata a súa finalización o 18 de marzo, contaremos con diferentes saídas que complementan as aprendizaxes e contidos escolares, e que podedes consultar xa, clicando na imaxe. 

Powered by Drupal - Design by artinet