Cartel do Magosto 2015

Diana, alumna de 5ºB fixo este debuxo para conmemorar a nosa festa do Magosto 2015, que celebraremos o venres 13. Agradecer dende aquí a todos os participantes, a súa colaboración. Por certo, non olvidedes traer algunhas castañas e leña.

Facendo clic na imaxe podedes xogar e aprender máis sobre esta festa tradicional.

CHEGA O MAGOSTO

O TRADICIONAL  MAGOSTO SERÁ O VENRES 13. DEBEDES TRAER UNHA POUCA LEÑA   E  ALGUNHAS  CASTAÑAS  CORTADAS. NÓS ENCARGÁMONOS DE ASALAS PARA TODO O ALUMNADO E AS FAMILIAS QUE VEÑADES.

TAMÉN É IMPORTANTE QUE ESE DÍA O ALUMNADO TRAIA O SEU RECIPIENTE PERSONALIZADO PARA DEPOSITAR AS CASTAÑAS E LOGO AS CÁSCARAS. SIMPLEMENTE NECESITADES A METADE DUN CARTÓN DE LEITE  E UN CORDÓN PARA COLGALO. DESPOIS CADA QUEN O PODE DECORAR AO SEU GUSTO.

 

E por fin, a festa do SAMAÍN

Un curso máis temos que calificar a Festa de Samaín de extraordinaria. Polas cabazas increiblemente decoradas, polos disfraces, polo número de participantes e pola implicación e colaboración de todas e todos. Grazas!!

Aquí tedes duas presentacións, a primeira adicada ás cabazas decoradas e a segunda que amosa aos participantes ben caracterizados. Norabóa!!

Contos Terroríficos

Nestes días de celebración do Samaín na escola, introducimos esta actividade na que implicamos unha vez máis as familias. E unha vez máis encontrámonos desbordados, tanto pola cantidade de propostas imaxinativas, como pola calidade dos contacontos e a ilusión que poñedes na actividade. Grazas familias!!

Samaín: actividades interactivas Educación Infantil

A vindeira semana celebramos no colexio a tradicional festa do Samaín. O EDLG realizou este libro interactivo, para que o alumnado de Educación Infantil e dos primeiros curso de primaria se divirtan aprendendo.

Mochilas Viaxeiras

Un curso máis, as mochilas viaxeiras cheas de libros e outras cousiñas, inician o seu roteiro por todos os fogares do alumnado do Juan Fernández Latorre. Desexamos que pasedes uns bos momentos en familia arredor do contido das mochilas, que seguro que dan moito para ler e comentar.

Saídas do primeiro trimestre

Xa podedes consultar as saídas programadas, ata o momento, para este primeiro trimestre do curso. A medida que programemos máis actividades fora do Colexio, actualizaremos o arquivo, que tamén se pode consultar no taboleiro e no ANPA.

ANCAS; a posta en marcha

 

Aproveitando as reunións do inicio do curso, os responsables do Proxecto ANCAS, pertenecentes a STOP Accidentes,están a presentar á familias as posibilidades de colaboración co proxecto de mobilidade que están a traballar no Colexio dende o curso pasado. Os itinerarios xa están deseñados, e a falta da colocación das famosas rás polas rúas, as familias xa podedes inscribiros no programa no seguinte enlace. Unha vez inscritos, os alumnos-as poderán vir á escola camiñando por unha das rutas elixidas e señalizadas, dun xeito máis seguro. Con iniciativas deste tipo procuramos avanzar na educación vial do alumnado, e no desenvolvemento dun barrio máis seguro no ámbito do tráfico rodado.

Actividades Extraescolares do Concello

 Terminado el plazo de inscripción en las actividades del Concello os informamos:

  •  No hubo suficientes inscripciones para formar grupo en las actividades de: FÚTBOL (4),VOLEY (4), ni GIMNASIA RÍTMICA de 3º a 6º EP (6) por lo que no se realizarán.
  •  Como finalmente los alumnos de 1º y 2º de Primaria NO podían participar en la actividad de FÚTBOL del Concello, se ha abierto una lista paralela para poder formar grupo dentro de las actividades del APA. Os animamos a apuntaros antes de fin de mes pues si no se cubre el mínimo NO de podrá desarrollar. Está dirigida a todos los alumnos de Primariay se realizaría los martes y jueves de 16 a 17 h.
  •  Aunque en la actividad de NATACIÓN sólo tenemos 5 inscripciones, compartiremos autobús y curso con otros colegios de la zona por lo que la actividad SI se realizará.
  •  En POE tenemos grupo todos los días.
  • La inscripción en el programa municipal de Listen & speak debe realizarse a través de la web educativa del Concello.

    Os dejamos aquí el link al formulario:

    Inscripción

    Recordar que los horarios concedidos son:

    Lunes y miércoles de 16 a 17 horas para 3º y 4º de primaria.

    Lunes y miércoles de 17 a 18 horas para 5º y 6º  de primaria.

Powered by Drupal - Design by artinet