Gracias Mercedes

 

Tras 38 anos de traballo como mestra e orientadora, Mercedes acaba de poñer punto e final a súa traxectoria profesional na docencia. Queremos aproveitar para agradecer públicamente o seu traballo neste Colexio, recordando, ademáis, que era a única profesional en activo das que inauguraron o Colexio en 1992. Desexámoslle unha merecida xubilación chea de saúde e felicidade. Moitas gracias COMPAÑEIRA!! e moitos parabéns.

 

Inicio das clases

Como estaba previsto, este mércores 10 de setembro, iniciamos as clases deste novo curso escolar 2015-16. O horario será o habitual, de 9 a 14h, para todos os cursos, exceptuando ao alumnado de 3 anos - 4º de Infantil- que durante dúas semanas estarán suxeitos ao establecido no Plan de Adaptación.

 

Desexamos a toda a cumunidade educativa un bo comezo, pero sobre todo, un curso cheo de ilusión por aprender e compartir.

CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO (CONTÉN REUNIÓNS COAS FAMILIAS)

Reunión E-Dixgal para familas de 5ºEP.

O venres 11 de setembro ás 16,30h. teremos unha primeira reunión cos pais/nais de 5º de Primaria. O obxectivo é dar a coñecer basicamente o equipamento tecnolóxico, así como a plataforma de traballo a utilizar, e as normas e rutinas básicas de uso dos materiais. Por suposto, tamén procuraremos aclarar as dúbidas iniciais na posta en marcha deste proxecto.

No mes de outubro, xa cun maior coñecemento da plataforma EVA E-Dixgal, por parte do alumnado e o profesorado, abordaremos unha segunda reunión de aula cos titores correspondentes.

Image result for edixgal

Listaxes de material e datas de entrega

Según teñamos a información a colocaremos neste apartado, e facendo clic nos diferentes cursos atoparedes o arquivo coa listaxe de material e as datas de entrega aos titores-as. (Infantil, 1º e 2º. O resto traen o material e os libros os primeiros días) 

Axudas para material escolar

Dende o 2 de setembro e ata o 01 de outubro de 2015, pódense solicitar axudas de 50 euros para a compra de material escolar. Os requisitos son:

  • Alumnado matriculado en Primaria.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros anuais.
  • Entregar solicitude (anexoI) na Secretaría do Colexio.
  • Adxuntar a documentación pertinente, según cada caso.
  • Convocatoria

CURSO 2015-2016

BENVIDOS E BENVIDAS

Dende o 1 de setembro abrimos de novo o Colexio no horario habitual. Estade atentos, porque dende o primeiro día publicaremos novidades; titores-as, profesorado, listaxes de material, días e horarios de entrega, axudas, etc.

 

Libros Dixitáis en 5º de Primaria

 

O centro resultou admitido neste proxecto de educación dixital. Polo tanto no curso 2015-16 o alumnado de 5º de Primaria non utilizará libros de texto convencionáis. Utilizaremos libros dixitáis, utilizando a plataforma E-Dixgal da Consellería de Educación, e por suposto, todo o equipamento das aulas Abalar cos que xa contamos dende hai dous anos.

Polo tanto non merquedes libros para 5ºEP. En setembro, teremos unha reunión con todas as familias para explicaros con detalle aspectos sobre o funcionamento, materiais, normas, etc.

Powered by Drupal - Design by artinet