Programas navideños do Concello

Xa están aquí as festas de nadal, e os máis pequenos serán os auténticos protagonistas. Dende o Concello de A Coruña organizan múltiples actividades para disfrutar destas festas coa familia e os amigos. Aquí tedes o folleto informativo: FOLLETO 1 e FOLLETO 2

Tamén a Fundación María José Jove oferta o Festival de Títeres nas súas instalacións de A Grela ou no Forum Metropolitano con obras moi divertidas e interesantes a precios populares.

Programación Deportiva "Navidad 2014"

Puxémonos no seu lugar

Para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, este curso decidimos realizar unha actividade na que o alumnado tivo a oportunidade de experimentar coas sensacións, e sobre todo limitacións das persoas con discapacidade visual, motriz ou da linguaxe. Todos, dende 3 anos a 6º de Primaria   realizaron un circuito axudados polos propios compañeiros. Esta actividade, un curso máis, organizouna o Equipo de Dinamización da Convivencia do Colexio, coa colaboración dos profes de educación física.

Xornada de Primeiros Auxilios

O mércores 3 de decembro, o responsable de Protección Civil do Concello, Federico, deu unha charla sobre esta temática ao alumnado de 6º de Ed Primaria. Consideramos que foi moi interesante, houbo moitos temas e moitas preguntas. Dende a chamada ao 112, pasando por RCP, maniobras de recuperación, etc. Gracias ao Concello pola oportunidade que nos brindou.

Resultados das votacións para o Consello Escolar

Celebradas as eleccións de membros do Consello Escolar, detallamos os resultados finais.

Representantes de nais/pais elixidos:

  • Ana Paula Eitor Bandín - 21 votos
  • María García Estévez - 14 votos

Representantes do profesorado elixidos:

  • Benjamín Prieto Ballestín - 14 votos
  • Mª Azucena Dopico Viña - 8 votos

O luns 1 de decembro constituiremos o Consello Escolar cos novos membros e os que continúan. Moitas grazas a todos-as.

Celebración do magosto

Despóis de tentar á sorte, conseguimos asar as castañas e celebrar o noso tradicional magosto. A implicación de todas e todos foi unha vez máis garantía de éxito, na realización dunha actividade común. Noraboa.

 

Tempo de magostos

O Magosto celébrase o venres 14 de novembro máis ou menos sobre as 12 horas no colexio Juan Fernández Latorre. Comeremos castañas e veremos a actuación dos nenos de Donaire que veñen a este colexio. Tamén poden participar os pais, os avós, os tíos, as tías… e moita máis xente. Esta festa celébrase para que non se perda a tradición e tamén para divertirse.

A min encántanme as castañas. E a ti? 

Helena

XOGO INFANTIL      XOGO PRIMARIA      DÍPTICO INFORMATIVO

A Festa do Samaín

Un curso máis celebramos esta festa tradicional. Abraiados pola cantidade e calidade da vosa participación, non queda senón agradecervos o voso interese e colaboración. Permitídeme que especialmente, recoñeza ao Equipo de Dinamización da Língua Galega, a Biblioteca, a APA por impulsar e colaborar na organización e desenvolvemento da actividade.

VOLTA O SAMAÍN

Victoria

O 30 de outubro celebramos o Samaín, no Colexio “Juan Fernández Latorre”.

O Samaín é unha celebración tradicional de Galicia para recordar aos mortos. Esta festa celébrase dende hai moitos anos, porque é unha forma de pasalo ben e á vez de honrar aos que xa non están con nós.

O día 29 deixamos as cabazas decoradas con caras terribles no Colexio. O día 30, pola tarde acenderanse e iremos con elas desfilando ata a praza de Pablo Iglesías, faremos unha paradiña no cemiterio de Oza, onde os gaiteiros da Asociación IAR tocarán unha canción para honrar  aos nosos defuntos.

Ao rematar, eu deixo a cabaza na praza que está fronte a miña casa para asustar á xente que pasa; anímaste a deixar a túa?

Javier, Laura N e Nora

As raices do Samaín

O venres 24 de outubro disfrutamos, no Salón de Actos, dunha interesante charla sobre as orixes celtas e galaicas, da celebración do Samain. Para isto contamos coa presenza do profesor cedeirense Rafael López Loureiro, personaxe clave para entender a recuperación desta tradición en Galicia. 

Agradecemos tamén a AAVV IAR a súa colaboración co Colexio para organizar este acto, co que iniciamos os festexos do Samaín no Centro.

Powered by Drupal - Design by artinet